Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

Galicia foi a segunda comunidade autónoma que executou máis investimentos no ano 2017

Galicia foi a segunda comunidade autónoma que executou máis investimentos no ano 2017

  • A Xunta executou máis de 1.065 millóns de euros en gastos de capital, o 10,1% do total das administracións autonómicas  
  • En esforzo investidor, a Administración do Estado sitúa a Galicia como a terceira comunidade que máis investimentos fixo en relación aos seus recursos totais
  • O Goberno galego mantén a súa aposta por un crecemento san e inclusivo, que permite dedicar menos a xuros para reforzar o gasto social e os investimentos

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2018.- Galicia foi a segunda comunidade autónoma que executou máis investimentos no ano 2017, xa que os gastos de capital executados pola Administración autonómica superaron os 1.065 millóns de euros, segundo mostran os datos que vén de publicar a Administración Xeral do Estado.

As estatísticas confirman que Galicia mantense un ano máis entre as comunidades autónomas que dedican máis recursos a investimentos. De feito, os gastos de capital en Galicia no ano 2017 se situaron en 1.065,2 millóns de euros, unha cifra superada só por Andalucía, unha comunidade cuxo orzamento total practicamente triplica o galego.

De feito, o gasto en investimentos en Galicia representou o 10,1% do total de investimentos realizados no conxunto das autonomías, pese a que o peso do PIB galego ou do Orzamento da Administración autonómica no total do Estado é inferior ao 6%.

Ademais, os datos da Administración Xeral do Estado confirman tamén que Galicia é unha das comunidades que lidera o esforzo investidor en España. Este indicador permite relacionar os recursos que se dedican a investimentos respecto do total de recursos cos que conta unha Administración pública.

En 2017, Galicia dedicou o 11,9% do seu gasto non financeiro a investimentos, un dato só superado por Baleares e Castela e León. Ao mesmo tempo, o esforzo investidor realizado pola Xunta de Galicia superou en case cinco puntos á media autonómica (7,0%), e mesmo triplicou o que realizaron as comunidades autónomas que fan menor esforzo.

En canto ao Orzamento global da Xunta, en 2017 Galicia volveu acadar unha execución orzamentaria mellor que a media autonómica. A execución do gasto non financeiro de Galicia o pasado ano situouse no 94,5%, un dato superior á media autonómica (93,5%), e o grao de execución foi mellor tanto nos gastos correntes coma nos gastos de capital.

Crecemento san: menos débeda e déficit
O Goberno galego mantén a súa aposta por un crecemento san e inclusivo, que está a permitir acadar un crecemento económico en Galicia por riba do 3% ao mesmo tempo que se reduce o déficit e a débeda. De feito, Galicia cumpriu en 2017 os obxectivos de débeda e de déficit, e incluso reduciu o seu endebedamento por primeira vez en dez anos.

 

                                                                                                    EXECUCIÓN DE INVESTIMENTOS

                                                                                                            *CCAA de réxime foral

 

 

Execución investimentos
(Millóns €)

Esforzo investidor (%)                            

Andalucía

1.955,1

8,1

Galicia

1.065,2

11,9

Castela e León

1.048,4

12,3

Cataluña

1.001,5

4,0

País Vasco*

907,7

9,0

Valencia

786,9

5,5

Canarias

760,2

10,9

Baleares

580,1

15,0

Madrid

544,3

3,0

Aragón

348,0

7,5

Castela-A Mancha

276,6

4,5

Asturias

264,6

7,3

Navarra*

226,3

6,2

Estremadura

244,5

6,2

Cantabria

194,7

9,0

Murcia

188,6

4,2

A Rioxa

101,9

9,1

TOTAL CCAA

10.494,9

7,0