Galicia foi en 2017 a quinta comunidade que pagou con máis axilidade aos seus provedores, case 16 días antes que a media
- O período medio de pago en Galicia situouse no conxunto do ano en 7,1 días, fronte aos 22,9 días de media autonómica
- Galicia conseguiu pechar o ano como a comunidade con menor débeda comercial de toda España
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018.- Galicia foi a quinta comunidade autónoma que en 2017 pagou con máis axilidade aos seus provedores, cun período medio de pago case 16 días inferior á media autónomica, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública. No conxunto do 2017 o período medio de pago de Galicia situouse en 7,1 días, un promedio mellor que a media das comunidades autónomas, que foi de 22,9 días. Deste xeito, Galicia cumpriu os doce meses do ano a normativa estatal en vigor, que establece que o período medio de pago non pode superar os 30 días.
Ademais, no mes de decembro Galicia tamén seguiu pagando con máis axilidade que a media, xa que pechou o mes cun tempo medio de pago 6,7 días mellor que a media autonómica. Este indicador en Galicia situouse en decembro en 4,8 días, mentres que a media autonómica foi de 11,5 días, é dicir, case sete días máis tarde que en Galicia.
Estes datos confirman que Galicia consolidouse en 2017 como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. De feito, excluíndo ás comunidades de réxime foral Galicia foi a terceira comunidade que pagou máis rápido aos seus provedores.
Menor débeda comercial de España
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en decembro situouse no 0,18%, a máis baixa de toda España e máis de tres décimas por debaixo da media autonómica (0,50%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador un 72% no último ano, ata rebaixalo aos 135 millóns de euros.
Período Medio de Pago – Conxunto 2017 (*CCAA réxime foral) | ||||
País Vasco* | (5,3) |
| Aragón | 16,2 |
Navarra* | (2,9) | A Rioxa | 18,9 | |
Andalucía | 1,5 | Madrid | 21,1 | |
Castela e León | 5,8 | TOTAL CCAA | 22,9 | |
Galicia | 7,1 | Baleares | 25,5 | |
Asturias | 7,5 | Cataluña | 26,1 | |
Castela - A Mancha | 12,0 | Cantabria | 42,1 | |
Canarias | 14,3 | Valencia | 49,4 | |
Estremadura | 15,4 | Murcia | 50,7 |