Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

Galicia foi en 2017 a quinta comunidade que pagou con máis axilidade aos seus provedores, case 16 días antes que a media

Galicia foi en 2017 a quinta comunidade que pagou con máis axilidade aos seus provedores, case 16 días antes que a media

  • O período medio de pago en Galicia situouse no conxunto do ano en 7,1 días, fronte aos 22,9 días de media autonómica
  • Galicia conseguiu pechar o ano como a comunidade con menor débeda comercial de toda España

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018.- Galicia foi a quinta comunidade autónoma que en 2017 pagou con máis axilidade aos seus provedores, cun período medio de pago case 16 días inferior á media autónomica, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública. No conxunto do 2017 o período medio de pago de Galicia situouse en 7,1 días, un promedio mellor que a media das comunidades autónomas, que foi de 22,9 días. Deste xeito, Galicia cumpriu os doce meses do ano a normativa estatal en vigor, que establece que o período medio de pago non pode superar os 30 días.

 

Ademais, no mes de decembro Galicia tamén seguiu pagando con máis axilidade que a media, xa que pechou o mes cun tempo medio de pago 6,7 días mellor que a media autonómica. Este indicador en Galicia situouse en decembro en 4,8 días, mentres que a media autonómica foi de 11,5 días, é dicir, case sete días máis tarde que en Galicia.

 

Estes datos confirman que Galicia consolidouse en 2017 como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. De feito, excluíndo ás comunidades de réxime foral Galicia foi a terceira comunidade que pagou máis rápido aos seus provedores.

 

Menor débeda comercial de España

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en decembro situouse no 0,18%, a máis baixa de toda España e máis de tres décimas por debaixo da media autonómica (0,50%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador un 72% no último ano, ata rebaixalo aos 135 millóns de euros.

 

Período Medio de Pago – Conxunto 2017 (*CCAA réxime foral)

País Vasco*

(5,3)

 

Aragón

16,2

Navarra*

(2,9)

A Rioxa

18,9

Andalucía

1,5

Madrid

21,1

Castela e León

5,8

TOTAL CCAA

22,9

Galicia

7,1

Baleares

25,5

Asturias

7,5

Cataluña

26,1

Castela - A Mancha

12,0

Cantabria

42,1

Canarias

 14,3

Valencia

49,4

Estremadura

15,4

Murcia

50,7