Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

Galicia pechou o 3º trimestre cun superávit do 0,35% e un ano máis cumprirá o obxectivo do Consello de Política Fiscal

Galicia pechou o 3º trimestre cun superávit do 0,35% e un ano máis cumprirá o obxectivo do Consello de Política Fiscal

  • Galicia é a cuarta comunidade autónoma con mellores resultados
  • A media das CCAA ao remate de setembro foi un superávit do 0,09%

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017.- Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit do 0,35% en termos de contabilidade nacional, segundo os resultados difundidos hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública. Deste xeito, Galicia mantense entre as comunidades autónomas con mellores resultados e mantén o compromiso de cumprir o obxectivo aprobado no Consello de Política Fiscal e Financeira.

O informe publicado hoxe polo Ministerio indica que, ao remate do mes de setembro, Galicia é a cuarta comunidade autónoma con mellor resultado, só por detrás de Canarias, Baleares e Navarra. Ademais, o resultado acadado por Galicia é mellor que a media autonómica, que obtivo un superávit do 0,09% neste mesmo período.

Ao igual que en anos anteriores, Galicia prevé cumprir neste 2018 o obxectivo de déficit aprobado polo Consello de Política Fiscal e Financeira, que neste exercicio é do 0,6% para todas as comunidades autónomas. O obxectivo da Xunta é que Galicia continúe sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos límites de déficit e de endebedamento fixados polo CPFF.