Volver ao contido

Notas de prensa

A Xunta pediu no primeiro trimestre información a 37 concellos sobre o período medio de pagamento aos seus provedores

A Xunta pediu no primeiro trimestre información a 37 concellos sobre o período medio de pagamento aos seus provedores

  • Outros cinco concellos remitiron información sobre esta materia, a instancias da Administración autonómica  
  • A Comunidade Autónoma exerce a competencia de tutela financeira dos entes locais, tal como establece o Estatuto de Autonomía  

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2019.- A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, pediu información no primeiro trimestre deste ano a 37 concellos sobre o período medio de pagamento (PMP) aos seus provedores. Nese tempo, cinco concellos remitiron información sobre esta materia a instancias da Administración autonómica, toda vez que a Xunta exerce as competencias en materia de tutela financeira dos entres locais, como establece o Estatuto de Autonomía.

No que se refire a información solicitada pola Consellería de Facenda, dos 37 concellos aos que se lles solicitou información sobre o seu período medio de pagamento, oito están na provincia da Coruña (Cabanas, Cerceda, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Sada, San Sadurniño e Trazo) e oito son da provincia de Lugo: Antas de Ulla, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín e Triacastela.

Outros 19 concellos aos que se lles solicitou esta información sobre o PMP corresponden á provincia de Ourense (Amoeiro, Baños de Molgas, Os Blancos, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Lobeira, Maceda, Manzaneda, Melón, A Merca, Muíños, Petín, Pontedeva, Rairiz de Veiga, A Rúa, San Cristovo de Cea, Sarreaus, Verín e Vilardevós), mentres que os dous restantes son da provincia de Pontevedra: Dozón e A Illa de Arousa.

En canto á información remitida polas entidades locais a solicitude da Consellería de Facenda, no primeiro trimestre do ano foron cinco os concellos que remitiron información sobre o período medio de pagamento: Cerceda (na provincia da Coruña), Quiroga (Lugo) e tres concellos da provincia de Ourense: Lobeira, Maceda e Vilardevós.

Información sen requirimento previo
Finalmente, tres entidades locais facilitaron información sen requirimento previo: o Concello de Poio (Pontevedra) remitiu información sobre un acordo de non dispoñibilidade de crédito, mentres que a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Nigrán (Pontevedra) facilitaron información sobre informes de morosidade.