Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

O conselleiro de Facenda debateu na UIMP sobre a gobernanza fiscal en países descentralizados

O conselleiro de Facenda debateu na UIMP sobre a gobernanza fiscal en países descentralizados

  • Valeriano Martínez participou hoxe en Santander nunha mesa redonda na que se analizou o papel das administracións territoriais en materia fiscal
  • Interviñeron tamén as conselleiras de Facenda do Goberno das Illas Baleares e da Xunta de Castela e León
  • As xornadas foron inauguradas o luns polo presidente da Airef, José Luis Escrivá

 

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participou hoxe en Santander nunha mesa redonda sobre a gobernanza fiscal en países descentralizados, organizada pola Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal (Airef) e  pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), dentro dos cursos de verán que anualmente programa a institución académica.

 

Valeriano Martínez interveu nunha mesa redonda na que participaron tamén a conselleira de Hacienda y Administraciones Públicas, do Goberno das Illas Baleares, Catalina Cladera, e a conselleira de Economía y Hacienda da Xunta de Castela e León, María del Pilar del Olmo.

 

Os tres relatores abordaron o papel das administracións territoriais en materia de gobernabilidade fiscal en países descentralizados, moderados por José Fernández-Albertos, investigador do Instituto de Políticas e Bens Públicos-CSIC.

 

As xornadas foron inauguradas o pasado luns polo presidente da Airef, José Luis Escribá, día no que, entre outros, interveu o director de estudos de política económica do departamento de economía da Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económicos (OCDE), Cristian Kastrop, quen departiu sobre a experiencia internacional nos sistemas fiscais descentralizados.

 

Reforma do sistema de financiamento territorial

Noutra das mesas redondas convocadas, neste caso onte martes, participou o catedrático do departamento de economía aplicada da Universidade de Vigo, Santiago Lago Peñas, xunto con outros expertos, que abordaron o tema: a gobernanza fiscal e a reforma do sistema de financiamento territorial.

 

As xornadas foron clausuradas  este mércores polo presidente da Airef  e polo conselleiro de Hacienda, Economía  y Empleo do Goberno de Cantabria, Juan José Sota.