Volver ao contido

Notas de prensa

O conselleiro de Facenda trasládalle ao presidente da AIREF o traballo feito pola Xunta a prol da consolidación fiscal

O conselleiro de Facenda trasládalle ao presidente da AIREF o traballo feito pola Xunta a prol da consolidación fiscal

Santiago, 5 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, mantivo hoxe un encontro en Santiago co presidente da Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal (AIREF), José Luis Escrivá, na que lle trasladou o traballo realizado pola Xunta de Galicia nos últimos anos a prol da consolidación fiscal.

 

Na reunión, o titular de Facenda explicoulle ao presidente da AIREF o labor realizado pola Administración galega nos últimos anos para acadar o cumprimento do obxectivo de déficit, que sitúa a Galicia como unha comunidade de referencia neste eido. Tamén abordaron o último informe da AIREF, que estima un crecemento do PIB galego do 2,6% en 2015.

 

No encontro, o conselleiro de Facenda estivo acompañado polo director xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta, Miguel Corgos.