Volver ao contido

Notas de prensa

O Consello da Xunta autoriza á Axencia de Turismo de Galicia a transmisión de 336 accións da Sociedade MEISA á Deputación de Ourense

O Consello da Xunta autoriza á Axencia de Turismo de Galicia a transmisión de 336 accións da Sociedade MEISA á Deputación de Ourense

  • A sociedade titular da estación de inverno de Manzaneda pasará a contar cun novo socio institucional de referencia
  • A Xunta alleará ao organismo provincial un 14% da sociedade, e manterá unha participación do 34% na mesma
  • A operación foi autorizada previamente pola Xunta Xeral de accionistas de MEISA, e responde a unha petición do organismo provincial

 

O Consello da Xunta autorizou hoxe á Axencia de Turismo de Galicia a transmisión de 336 accións da sociedade Estación de Inverno Manzaneda S.A. (MEISA) á Deputación de Ourense.

 

A sociedade MEISA –titular da estación de inverno de Manzaneda- pasará a contar así cun novo socio institucional de referencia. No accionariado da entidade xa están presentes a Axencia de Turismo de Galicia e os concellos de Trives e Manzaneda, xunto a Central Hotelera Hotelalia.

 

A Xunta de Galicia alleará ao organismo provincial 336 accións de MEISA, unha participación que representa o 14% do capital social. A Administración galega diversifica a composición accionarial da sociedade ao tempo que manterá unha participación do 34% na mesma.

 

A operación de alleamento foi autorizada previamente pola Xunta Xeral de accionistas de MEISA, e responde a unha petición da Deputación de Ourense.