Volver ao contido

Notas de prensa

‘Sofía’ e ‘Martín’ continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

‘Sofía' e ‘Martín' continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

  • O IGE publica a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos' correspondente ao ano 2017
  • Como novidade, ‘Lucas' substitúe a ‘Mateo' como o segundo nome máis frecuente entre os nenos
  • Os nomes máis empregados para as nenas nadas en Galicia son ‘Sofía', ‘Noa', ‘Daniela', ‘Martina' e ‘Sara'
  • En canto aos masculinos, destacan ‘Martín', ‘Lucas', ‘Mateo', ‘Hugo' e ‘Leo'

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018.- O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos' correspondente ao ano 2017, que reflicte que ‘Sofía' e ‘Martín' continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia. Ademais, como novidade destaca que ‘Lucas' substitúe a ‘Mateo' como o segundo nome máis frecuente entre os nenos.

Os nomes de mulleres máis frecuentes son ‘Sofía', ‘Noa', ‘Daniela', ‘Martina' e ‘Sara'. Se se compara co 2016, ‘Alba' desaparece da lista dos cinco primeiros nomes máis empregados e é substituído por ‘Daniela'. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2007, ‘Noa' e ‘Sara' son os únicos que coinciden entre os cinco primeiros.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco nomes máis frecuentes son ‘Martín', ‘Lucas', ‘Mateo', ‘Hugo' e ‘Leo'. A mesma comparativa co 2016 mostra que o ano pasado ‘Pablo' desaparece de entre os cinco nomes máis frecuentes e aparece ‘Leo'. Con respecto ao 2007, o único nome que coincide é ‘Hugo'.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como entre 2016 e 2017, no caso dos nenos todos os nomes coinciden agás o nome de ‘Anxo' que no 2017 é substituído por ‘Antón'. En canto ás nenas, no 2017 suben á lista ‘Iria' e ‘Sabela' –que estaban xa presentes no 2015- e desaparecen ‘Lía' e María'. Ademais, na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Noa', ‘Uxía', ‘Antía' ou ‘Sabela') como para os nenos (‘Brais', ‘Antón' ou ‘Iago').

A estatística pódese consultar no seguinte enlace: https://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=2245&paxina=001&c=0201002001

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación
O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación' a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Esta estatística pódese consultar neste enlace:
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201006

 

NOMES MÁIS FRECUENTES EN 2016 E 2017

 

 

NENOS

NENAS

 

2017

2016

 

2017

2016

1

Martín

Martín

1

Sofía

Sofía

2

Lucas

Mateo

2

Noa

Noa

3

Mateo

Hugo

3

Daniela

Sara

4

Hugo

Lucas

4

Martina

Martina

5

Leo

Pablo

5

Sara

Alba

6

Enzo

Daniel

6

Lucía

Daniela

7

Daniel

Manuel

7

Alba

Lucía

8

Pablo

Leo

8

Carla

Valeria

9

Manuel

Enzo

9

Lara

Carla

10

Izan

Adrian

10

Vera

Carmen

11

Adrián

Izan

11

Carmen

Vera

12

Diego

Diego

12

Valeria

Lara

13

Gael

Alejandro

13

Paula

Julia

14

Alejandro

Gael

14

Julia

Paula

15

Mario

Mario

15

Valentina

Valentina

16

Marco

Marco

16

Uxía

Emma

17

Brais

Anxo

17

Emma

Uxía

18

Antón

Brais

18

Antía

Lía

19

Alex

Iago

19

Iria

María

20

Iago

Alex

20

Sabela

Antía