Volver ao contido

Notas de prensa

A Xunta aumenta un 10% a Oferta de Emprego Público na Administración Xeral, que permitirá convocar 789 prazas

A Xunta aumenta un 10% a Oferta de Emprego Público na Administración Xeral, que permitirá convocar 789 prazas

  • A Xunta esgota ao máximo un ano máis os límites fixados pola Administración do Estado a través das taxas de reposición
  • Os servizos sociais contarán con 180 prazas nas áreas de enfermaría, educadores, traballo social, terapia ocupacional e auxiliares de clínica
  • Outras 105 prazas céntranse no servizo de prevención e extinción de incendios
  • A oferta tamén inclúe 32 prazas para a área de seguridade e saúde no traballo
  • Do total, 639 prazas serán de acceso libre e a elas poderá opositar calquera persoa
  • 150 prazas correspóndense coa promoción interna, o que permitirá aos empregados públicos ascender a postos de traballo de maior categoría e salario
  • 68 prazas resérvanse para persoas con discapacidade, con 18 exclusivamente para a discapacidade intelectual

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto de Oferta de Emprego Público (OEP) de 2017 no eido da Administración Xeral, que permitirá a convocatoria de 789 prazas, o que supón incrementar nun 10% as prazas ofertadas no ano anterior (714). Ademais, é a oferta de emprego público máis elevada dende o ano 2008.

A OEP de 2017 esgota un ano máis os límites fixados polo Estado a través das taxas de reposición de efectivos públicos, e estará centrada en dous grandes áreas, os servizos sociais e o servizo de prevención e extinción de incendios, aínda que tamén inclúe prazas nos corpos xerais da Administración e noutras eidos prioritarios para a Xunta, como a seguridade e a saúde no traballo.

No eido dos servizos sociais a OEP incluirá 180 prazas, todas de acceso libre. A oferta de emprego permitirá aumentar a estabilidade laboral desta área e mellorar a prestación do servizo, a través de oposicións nas especialidades de enfermaría, educadores, traballo social, terapia ocupacional e na escala de auxiliares de clínica.

Ademais, a Administración galega inclúe outras 105 prazas de bombeiro forestal para o servizo de prevención e extinción de incendios, das que 55 pertencen á especialidade de emisorista-vixiante fixo e outras 50 á especialidade de persoal condutor. Todas estas prazas son de acceso libre e non esixirán titulación específica.

Deste xeito, a Xunta dá cumprimento aos acordos asinados entre a Administración galega e as organizacións sindicais, que establecían a reserva dun mínimo do 20% das prazas para persoal funcionario incluídas nas ofertas de emprego para os servizos sociais, e outro 20% para reforzar os servizos de prevención e extinción de incendios.

Seguridade e saúde laboral
Ademais, a Xunta convocará 32 prazas de especialistas en seguridade e saúde no traballo, con prazas de especialistas en seguridade no traballo, en hixiene industrial, en ergonomía e psicosocioloxía aplicada e na escala técnica de saúde laboral. A oferta de 2017 tamén inclúe 76 prazas de persoal funcionario en corpos xerais da Administración: A1, A2, C2 e agrupación profesional de persoal subalterno.

En canto ao persoal laboral, a oferta de emprego público aprobada hoxe inclúe 213 prazas repartidas entre os cinco grupos que conforman a estrutura dos cadros de persoal laboral na Administración galega. En total, as prazas repártense entre 27 categorías distintas, todas elas son de acceso libre e forman parte do proceso de consolidación de persoal laboral establecido no convenio laboral vixente.

Promoción interna e discapacidade
A Oferta de Emprego Público para 2017 tamén inclúe outras 150 prazas reservadas á promoción interna para persoal funcionario, o que permitirá aos empregados públicos ascender a un posto de maior categoría e salario sempre que reúnan os requisitos e superen o correspondente proceso selectivo.

Finalmente, no total de prazas incluídas na OEP figuran 68 prazas reservadas para persoas con discapacidade. Desta cantidade, 50 prazas resérvanse para persoas con discapacidade xeral e 18 para persoas con discapacidade intelectual.

PRAZAS OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ADM.XERAL 2017:

 

 

 

Prazas

 

 

 

 

 

 

 

 

ACCESO LIBRE
(639 prazas)

 

PERSOAL FUNCIONARIO:

 

 

Corpo Superior (subgrupo A1)

8

Corpo de Xestión (subgrupo A2)

15

Corpo Auxiliar (subgrupo C2)

41

Agrupación Profesional de Persoal Subalterno

12

Escala de técnicos facultativos de Servizos Sociais (enfermaría, educadores, traballo social e terapia ocupacional)

110

Escala de auxiliares de clínica

70

Bombeiros Forestais: emisorista/vixiante fixo

55

Bombeiros Forestais: Persoal condutor

50

Escalas de Seguridade no traballo e Saúde laboral

32

Escala de Veterinarios

25

Escala superior de Estatística

5

Enxeñería Técnica de Obras Públicas

2

Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

1

TOTAL PERSOAL FUNCIONARIO

426

 

PERSOAL LABORAL:

 

 

Grupo I (9 categorías)

119

Grupo II (4 categorías)

37

Grupo III (7 categorías)

29

Grupo IV (6 categorías)

25

Grupo V (1 categoría)

3

TOTAL PERSOAL LABORAL

213

 

 

PROMOCIÓN INTERNA
(150 prazas)

 

PERSOAL FUNCIONARIO:

 

 

Corpo Superior (subgrupo A1)

10

Corpo de Xestión (subgrupo A2)

50

Corpo Administrativo (subgrupo C1)

70

Corpo Auxiliar (subgrupo C2)

20

TOTAL PERSOAL FUNCIONARIO

150

 

 

TOTAL OFERTA DE EMPREGO 2017

 

789