Volver ao contido

Notas de prensa

A Xunta construirá un novo edificio administrativo en Ourense

A Xunta construirá un novo edificio administrativo en Ourense

  • O Consello da Xunta autorizou hoxe a adquisición de catro parcelas no concello de Ourense por importe de 8,47 millóns de euros

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021.- O Consello da Xunta autorizou hoxe a adquisición por parte da Consellería de Facenda e Administración Pública, de catro parcelas en Ourense por importe de 8,47 millóns de euros (IVE engadido) para a construción dun novo edificio administrativo que unifique as distintas sedes administrativas que ten a Xunta no Concello de Ourense.
Estas catro parcelas están situadas nun solar de grandes dimensións ubicado preto do centro de Ourense, na zona do Campus Universitario das Lagoas e que actualmente se atopa en desenvolvemento urbanístico.
A adquisición destes terreos e a posterior construción do novo edificio administrativo permitirá liberar os inmobles que actualmente ocupan as distintas dependencias administrativas e aforrar en alugueiros.
Esta actuación enmárcase na liña patrimonial do Goberno galego de traballar na concentración de espazos administrativos que beneficiará ao conxunto dos cidadáns na súa relación diaria coa Xunta de Galicia.