Volver ao contido

Notas de prensa

O conselleiro de Facenda mantivo en Madrid unha reunión de traballo cos seus homólogos doutras CC.AA.

O conselleiro de Facenda mantivo en Madrid unha reunión de traballo cos seus homólogos doutras CC.AA.

Madrid, 17 de xaneiro de 2020.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, mantivo hoxe un encontro de traballo en Madrid cos seus homólogos doutras catro comunidades autónomas (Andalucía, Castela e León, Madrid e Murcia) e co conselleiro desta área na Cidade Autónoma de Ceuta.

A reunión tivo lugar nas instalacións do Goberno autonómico de Madrid na Real Casa de Correos, e nesta reunión abordáronse e puxéronse en común cuestións referentes ás facendas autonómicas, o sistema de financiamento autonómico ou a ausencia de convocatorias do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), co seu conseguinte efecto sobre as comunidades autónomas.