Volver ao contido

Notas de prensa

O DOG publica hoxe a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2019 con 1.543 prazas de acceso libre

O DOG publica hoxe a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2019 con 1.543 prazas de acceso libre

  • A maiores, inclúense 227 prazas para a promoción interna do persoal funcionario e outras 847 prazas para a funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta
  • Esta Oferta de Emprego Público súmase ás ofertas nos eidos sanitario e educativo, xa publicadas no DOG, co que o total de prazas ascende a 6.004
  • O maior número de prazas concéntrase no eido social, nas categorías de auxiliar coidador (323), limpador-fregador (181), camareiro-limpador (151), e na categoría de oficial 2ª cociña (97 prazas)
  • Tamén se inclúen prazas de acceso no corpo auxiliar (127), na agrupación de subalternos (112), no corpo superior (59), no corpo administrativo (60) e no corpo de xestión (35), así como prazas de persoal especializado

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Xeral da Xunta para o ano 2019, que esgota a taxa de reposición marcada polo Estado e inclúe un total de 1.543 prazas de acceso libre.

A OEP da Administración Xeral súmase ás ofertas de emprego nos eidos sanitario e educativo xa publicadas no DOG, polo que a Xunta de Galicia oferta este ano un total de 6.004 prazas. O maior número de prazas de acceso libre concéntrase no eido social, con prazas nas categorías de auxiliar coidador (323), limpador-fregador (181), camareiro-limpador (151), na categoría de oficial 2ª cociña (97) e, dentro da escala de axentes técnicos facultativos de servizos sociais, 63 prazas na especialidade de xardín de infancia.

Ademais, no ámbito do persoal das consellerías ofértanse prazas no corpo superior A1 (59); no corpo de xestión A2 (35); no corpo administrativo C1 (60); no corpo auxiliar C2 (127) e na agrupación de persoal subalterno, con 112 prazas. Tamén se inclúen prazas de persoal especializado, como as 33 prazas en especialidades da escala de enxeñaría técnica, as 22 prazas en especialidades da escala de enxeñaría ou as 12 prazas na escala de veterinaria.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición, garantindo a aplicación dos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e respectando a libre concorrencia. A reserva de prazas para persoas que acrediten discapacidade nesta oferta de emprego acada o 10,3% nas prazas de acceso libre, e unha parte delas será para o acceso de persoas con discapacidade intelectual.

Ás prazas de acceso libre súmanse outras 227 prazas para a promoción interna de persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden acadar un ascenso a postos de traballo de maior responsabilidade e retribución.  Finalmente, o decreto inclúe outras 847 prazas para o proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo, un proceso xa previsto na Lei de Emprego Público de 2015 e tamén no Estatuto Básico do Empregado Público.

 

 

1. ACCESO LIBRE (1.543 PRAZAS)

 

 

PRAZAS

Corpo superior (A1)

59

Escala de letrados (A1)

8

Escala superior de finanzas (A1)

4

Corpo de xestión (A2)

35

Escala técnica de finanzas (A2)

16

Corpo administrativo (C1)

60

Escala de Axentes de Inspección (C1) – Espec. Consumo

3

Corpo auxiliar (C2)

127

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

112

Escala de enxeñeiros (A1)

 

Especialidade agronómica

10

Especialidade de enxeñaría de minas

4

Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

6

Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

2

Escala de arqueólogos (A1)

1

Escala de arquitectos (A1)

3

Escala de veterinarios (A1)

12

Escala de fac. de arquivos, bibliotecas e museos (A1)

 

Especialidades de arquivos (5 prazas) e bibliotecas (3 prazas)

8

Escala facultativa servizos sociais (A1) – Espec. Pedagoxía

12

Escala de prof. num. de Inst.Polit. Marit. Pesq. – Espec. Inglés marítimo

1

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

 

Especialidade enxeñaría técnica de obras públicas

5

Especialidade enxeñaría técnica forestal

1

Especialidade enxeñaría técnica agrícola

24

Especialidade enxeñaría técnica minas

3

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (A2)

 

Especialidade arquivos

1

Especialidade bibliotecas

7

Especialidade museos

4

Escala de técnicos facultativos servizos sociais (A2)

 

Especialidade traballo social

20

Escala axentes técnicos facultativos servizos sociais (B)

 

Especialidade animación sociocultural

11

Especialidade xardín de infancia

63

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

 

Bombeiro/a forestal condutor de motobomba

1

Emisorista de defensa contra incendios forestais

1

Escala Auxiliares de Clínica (C2)

30

Gobernante/a servizos domésticos - Grupo III

11

Oficial/a 1ª condutor/a - Grupo III

38

Oficial 1ª cociña - Grupo III

11

Oficial servizos técnicos - Grupo III

9

Intérprete linguaxe de signo - Grupo III

31

Auxiliar coidador/a - Grupo IV

323

Oficial 2ª Cociña - Grupo IV

97

Auxiliar de laboratorio - Grupo IV

2

Auxiliar de arquivos e bibliotecas - Grupo IV

35

Camareiro/a Limpador/a - Grupo V

151

Limpador/a – Fregador/a - Grupo V

181

 

2. PROMOCIÓN INTERNA (227 PRAZAS)

 

Corpo superior (A1)

26

Escala superior de finanzas (A1)

5

Corpo xestión (A2)

67

Escala de inspectores/as de consumo (A2)

2

Corpo administrativo (C1)

100

Corpo auxiliar (C2)

27

 

3. FUNCIONARIZACIÓN PERSOAL LABORAL FIXO (847 PRAZAS)

 

Corpo de xestión (A2)

1

Corpo administrativo (C1)

3

Corpo auxiliar (C2)

6

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

1

Escala Facultativa Servizos Sociais (A1)

 

Especialidade Medicina

20

Especialidade Pedagoxía

11

Especialidade Psicoloxía

61

Escala de Técnicos Facultativos Servizos Sociais (A2)

 

Especialidade Educadores

106

Especialidade Enfermería

86

Especialidade Fisioterapia

16

Especialidade Terapia Ocupacional

4

Especialidade Traballo Social

87

Escala Axentes T.Facultativos Serv. Sociais (B) – Espec. Xardín Infancia

 82 

Escala Auxiliares de Clínica (C2) – Espec. Auxiliar de Clínica

363