Volver ao contido

Notas de prensa

O DOG publica hoxe a resolución pola que se reanuda a realización de probas selectivas a partir do 1 de outubro

O DOG publica hoxe a resolución pola que se reanuda a realización de probas selectivas a partir do 1 de outubro

  • A data de celebración dos exercicios publicarase no DOG e na web da Dirección Xeral da Función Pública cunha antelación mínima dun mes

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2020.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se reanuda a realización de probas selectivas presenciais a partir do vindeiro 1 de outubro. Trátase de procesos selectivos convocados no eido da Administración Xeral que se estaban desenvolvendo antes da declaración do estado de alarma provocado polo covid-19.

A resolución recolle tamén que o tribunal de cada proceso selectivo publicará no DOG  e no portal web da Dirección Xeral da Función Pública a data de celebración dos exercicios pendentes cunha antelación mínima dun mes.

A Consellería de Facenda propuxo o pasado mes de abril ás organizacións sindicais reanudar no último trimestre do ano a realización das probas selectivas dos procesos da Administración Xeral xa convocados, é dicir, todos os procesos selectivos con excepción dos correspondentes ao persoal docente de educación e ao persoal do SERGAS.

Esta medida tiña como obxectivo achegar certezas e seguridade aos aspirantes, garantir o bo desenvolvemento dos procesos selectivos e seguir cumprindo os acordos asinados cos sindicatos para favorecer a estabilidade na Función Pública autonómica.

Procesos selectivos
Entre os procesos selectivos iniciados antes da declaración do estado de alarma están os do corpo superior de finanzas; o corpo superior de sistemas e tecnoloxías da información; enxeñaría agronómica; enxeñaría de montes; enxeñaría de camiños, canles e portos; letrados; subinspección urbanística; enxeñaría técnica agrícola; enxeñaría técnica forestal ou enxeñaría técnica de obras públicas, todos eles de acceso libre. En canto á promoción interna, a resolución afecta ao corpo superior de sistemas e tecnoloxías da información e ao corpo de xestión de sistemas de informática