Volver ao contido

Notas de prensa

O Ministerio de Facenda sitúa a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en xullo

O Ministerio de Facenda sitúa a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en xullo

  • O período medio de pago en Galicia foi de 14,86 días, fronte aos 31,44 de media autonómica
  • A débeda comercial da Administración galega é tamén a segunda máis baixa de España (0,13%)

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020.- Galicia pechou o mes de xullo sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 14,86 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.
 
Ao peche do mes de xullo, o período medio de pago de Galicia situouse en 14,86 días, case 17 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 31,44 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.
 
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan tamén a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de xullo no 0,13%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,33%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 3.638,5 millóns de euros, dos que 73,9 millóns –o 2%- corresponden a Galicia.

 Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2020 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Xullo 2020 (*CCAA réxime foral)

Murcia

3,73

 

Castilla y León

28,92

Galicia

14,86

Navarra*

29,27

Canarias

14,89

Madrid

29,64

País Vasco*

19,44

MEDIA CCAA

31,44

Andalucía

20,39

Valencia

33,06

Cantabria

22,34

Extremadura

33,76

Castilla-La Mancha

22,83

Aragón

35,50

Asturias

25,10

Cataluña

44,69

La Rioja

 27,99

Baleares

53,06