Volver ao contido

Notas de prensa

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis axiña as súas facturas en novembro

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis axiña as súas facturas en novembro

  • O período medio de pago en Galicia foi de 18,90 días, fronte aos 32,26 da media autonómica
  • A débeda comercial da Administración galega foi a cuarta máis baixa de España (0,35%)

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021.- Galicia pechou o mes de novembro sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 18,90 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.
 
Ao peche do mes de novembro, o período medio de pago de Galicia situouse en 18,90 días, máis de 13 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 32,26 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.
 
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a cuarta comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de novembro no 0,35%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,46%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 5.093 millóns de euros, dos que 201 millóns –o 3,9%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continuaba, a finais de 2020, entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Novembro 2020 (*CCAA réxime foral)

Murcia

6,76

 

La Rioja

29,31

Galicia

18,90

Castilla y León

30,59

Extremadura

20,47

MEDIA CCAA

32,26

País Vasco*

21,69

Castilla - La Mancha

34,04

Cantabria

22,02

Asturias

37,07

Andalucía

22,69

Madrid

37,22

Canarias

24,46

Aragón

39,19

C. Valenciana

26,58

Baleares

44,09

Navarra*

28,53

Cataluña

44,63