Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

  • Os datos oficiais do Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de España 
  • A ratio débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020.- Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre do ano e sitúase no 19,0% ao peche do terceiro trimestre. Galicia amplía o diferencial coa media autonómica, que é 7,3 puntos inferior á media de comunidades (26,3%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid. 

Volume de débeda
En canto á evolución do volume de débeda, os datos do Banco de España indican que a débeda do conxunto das comunidades autónomas situouse nos 301.722 millóns de euros, dos cales o 3,75% -11.325 millóns- se corresponden coa Comunidade Autónoma de Galicia. 

Os datos oficiais do Banco de España ratifican que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

 

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA
*CC.AA. de Réxime Foral

 

 

 

3ºT
2020

1

Canarias

14,7

2

País Vasco*

14,8

3

Madrid

15,8

4

Navarra*

17,6

5

GALICIA

19,0

6

La Rioja

20,3

7

Andalucía

23,0

8

Asturias

23,1

9

Castilla y León

23,9

10

Aragón

24,9

11

Extremadura

25,4

12

Cantabria

26,1

 

TOTAL CCAA

26,3

13

Baleares

30,1

14

Murcia

35,2

15

Cataluña

35,9

16

Castilla-La Mancha

39,7

17

Comunidad Valenciana

46,7