Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia é a comunidade autónoma coa menor débeda comercial, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda

Galicia é a comunidade autónoma coa menor débeda comercial, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda

  • O último informe da Secretaría de Estado de Facenda, sobre o mes de febreiro, sitúa tamén a Galicia como a 3ª comunidade que paga antes as súas facturas
  • A débeda comercial de Galicia é do 0,09%, fronte ao 0,33% de media autonómica
  • O período medio de pago en Galicia foi de 23,1 días, fronte aos 35,3 días da media

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019.- O último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas', publicado hoxe polo Ministerio de Facenda con datos referentes ao mes de febreiro, sitúa a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España e a terceira comunidade que paga en menor tempo as súas facturas. 

Sobre a débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de febreiro no 0,09%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,33%. Ao peche do mes de febreiro a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.111 millóns de euros, dos que 61 millóns –o 1,48% do total- corresponden a Galicia.

En canto ao pagamento de facturas, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia como a terceira comunidade que paga con máis axilidade as súas facturas, xa que acadou no mes de febreiro un período medio de pago de 23,1 días, o terceiro máis baixo de toda España, por detrás do País Vasco e de Asturias.

Deste xeito, os datos oficiais da Administración do Estado mostran que o período medio de pago de Galicia mantívose case sete días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Ademais, a media autonómica situouse en 35,3 días, 12,2 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.

O Ministerio de Facenda emprega desde abril de 2018 unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores, que se aplica a todas as autonomías.

 

Período Medio de Pago – Febreiro 2019 (*CCAA réxime foral)

País Vasco*

20,4

 

Murcia

35,9

Asturias

21,9

Canarias

36,2

Galicia

23,1

Cataluña

38,6

Andalucía

23,3

Estremadura

41,2

Navarra*

23,4

Castela-A Mancha

42,7

Madrid

24,9

A Rioxa

43,3

Castela e León

27,6

C. Valenciana

47,0

Aragón

31,4

Baleares

49,5

TOTAL CCAA

35,3

Cantabria

92,5