Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia mantense como a comunidade autónoma co mellor tempo de pago a provedores, segundo o Ministerio de Facenda

Galicia mantense como a comunidade autónoma co mellor tempo de pago a provedores, segundo o Ministerio de Facenda

  • Ao peche do mes de maio, o período medio de pago en Galicia é de 13,2 días, menos da metade que a media autonómica (34,9 días)
  • A débeda comercial de Galicia tamén é das máis baixas de España

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2020.- O Ministerio de Facenda vén de indicar que Galicia pechou o mes de maio sendo a comunidade autónoma co mellora tempo medio de pago a provedores de España, tal como mostran os datos do ‘Informe mensual sobre plazos de pago a proveedores y deuda comercial de las Comunidades Autónomas' publicado hoxe.

O período medio de pago (PMP) de Galicia ao peche do mes de maio situouse en 13,2 días, o que supón o tempo máis baixo das 17 comunidades autónomas. Pola contra, este indicador ascendeu a 34,9 días na media autonómica, o que confirma que Galicia pagou de media as súas facturas en menos da metade de tempo que o conxunto das comunidades.

En canto á evolución da débeda comercial, os datos do informe elaborado polo Ministerio de Facenda tamén sitúan a Galicia como unha das comunidades autónoma con menor débeda comercial de España ao peche do mes de maio.

Segundo o informe do ministerio, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de maio no 0,14%, menos da metade que a media autonómica, que foi do 0,39%. Ao peche do mes de maio, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.365 millóns de euros, dos que só 82 millóns –o 1,9% do total– corresponden a Galicia.

 

PMP – Maio 2020 (*CCAA réxime foral)

1

Galicia

13,2

 

10

Murcia

32,1

2

Canarias

16,5

11

Castilla y León

33,0

3

Andalucía

16,9

 

Media CC.AA

34,9

4

País Vasco*

21,4

12

C.Valenciana

36,0

5

Asturias

23,4

13

Aragón

39,0

6

Castilla-La Mancha

23,6

14

Cantabria

41,5

7

Extremadura

26,9

15

La Rioja

47,3

8

Navarra *

28,1

16

Baleares

48,4

9

Madrid

28,2

17

Cataluña

52,0

 

 

Fonte: Ministerio de Facenda