Volver ao contido

Notas de prensa

A Xunta solicitou información a 13 entidades locais no terceiro trimestre, en exercicio da súa competencia de tutela financeira

A Xunta solicitou información a 13 entidades locais no terceiro trimestre, en exercicio da súa competencia de tutela financeira

  • Nos nove primeiros meses de 2019 pedíuselle información a 133 entidades locais
  • Estas solicitudes abordan materias como o período medio de pago a provedores, os plans económico-financeiros ou os acordos de non dispoñibilidade de crédito
  • A Comunidade Autónoma exerce a competencia de tutela financeira dos entes locais, tal como establece o Estatuto de Autonomía  

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019.- A Consellería de Facenda, en exercicio da súa competencia de tutela financeira, requeriu información no terceiro trimestre de 2019 a un total 13 de  entidades locais. Entre xaneiro e setembro deste ano, o número de entidades locais ás que se lle pediu información ascende a 133.


En concreto, no terceiro trimestre, a Administración galega solicitou Plans Económico-Financeiros a dez entidades locais; e seis foron requiridas para adoptar acordos de non dispoñibilidade de crédito. Son en total 16 as solicitudes de información feitas, que afectan a 13 concellos, xa que nalgún casos a unha mesma entidade local se lle demandou información sobre máis dunha materia.


Ademais, foron cinco as entidades locais que contestaron no trimestre a solicitudes da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, que tamén aprobou no período de referencia un plan económico-financeiro.

 

As solicitudes de información realizadas nos primeiros nove meses deste ano, abordan materias como o período medio de pago a provedores, os plans económico-financeiros, os acordos de non dispoñibilidade de créditos ou as medidas a adoptar para o saneamento do remanente de tesourería negativo.


O exercicio das competencias en materia de tutela financeira por parte da Consellería de Facenda afectan tanto aos concellos e deputacións provinciais como ás  mancomunidades e entidades locais menores.