Volver ao contido

Notas de prensa

Valeriano Martínez destaca o papel do Consello Económico e Social de Galicia como punto de encontro entre os axentes económicos e sociais e a Administración

Valeriano Martínez destaca o papel do Consello Económico e Social de Galicia como punto de encontro entre os axentes económicos e sociais e a Administración

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou hoxe no pleno de constitución deste organismo

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2021.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez participou hoxe no acto de constitución do pleno do Consello Económico e Social (CES) de Galicia onde destacou o papel fundamental deste organismo como punto de encontro entre os axentes económicos e sociais e a Administración autonómica.

Na súa intervención, o conselleiro puxo en valor o traballo realizado polo CES como exemplo de que desde posicións diversas, plurais, ou afastadas, se prioriza o interese común para acadar compromisos nun momento no que "os cidadáns necesitan confiar en nós para achegarlles certezas e solucións", apuntou.

Finalmente, Valeriano Martínez subliñou a importancia de que Galicia teña xa en vigor e "en tempo récord" os orzamentos para este ano 2021 toda vez "que son a principal ferramenta que temos como Goberno para frear a pandemia", sinalou. Neste sentido, explicou que as contas deste ano permitirán seguir reforzando os servizos públicos, favorecer a reactivación económica e atender ás familias e sectores que máis o precisan neste momento.