Volver ao contido

Axuda para a Verificación de documentos asinados

Que é o CSV?

O Código Seguro de Verificación (CSV) é un código alfanumérico que identifica de forma única un documento emitido pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Para que serve?

O CSV permite verificar a autenticidade e integridade dun documento impreso en papel mediante o cotexo co documento electrónico orixinal. Para isto, vostede pode introducir o CSV no formulario do servizo de verificación e obter o documento electrónico orixinal do portal da Consellería de Facenda.

Onde localizar o CSV?

O CSV figura na marxe esquerda da primeira páxina do documento ou ben no pé da mesma.

 

Consulte a guía de configuración de Adobe Reader para a validación de sinaturas electrónicas.