Volver ao contido

Requisitos de acceso á Oficina Virtual

Navegadores

  • Para acceder á Oficina Virtual da Consellería de Facenda pode empregar os navegadores Firefox, Internet Explorer (version 11 ou inferior) e Google Chrome.
    • Para operacións que requiran sinatura dixital precisa ter instalado e habilitado no navegador a versión Java 1.7 ou superior, correspondente á arquitectura do navegador (32 bits ou 64 bits).
    • O navegador Google Chrome a partires da versión 45 e o Firefox a partires da 52 non soportan este complemento, polo que non se poderá efectuar calquera operación que requira sinatura dixital.
      Ver explicacións de Java e Chrome.
  • Precísase deshabilitar o bloqueador de elementos poder obter os documentos PDF que xeran as transaccións coa Oficina Virtual.
  • É preciso ter  instalados os certificados da FNMT  (Certificados Raíz e de Componente informático).

Certificado Dixital

  • Debido ao carácter privado da información que tratarán certas aplicacións dentro da Oficina Virtual, existen opcións ás que só se pode acceder se se dispón dun certificado dixital, o cal, xunto a unha conexión segura, garante totalmente a privacidade e autenticidade de ditos datos.
  • As entidades que ofrecen certificados dixitáis válidos para o acceso ós servicios da Oficina Virtual poden ser consultadas na seguinte ligazón:
  • Para unha información máis detallada acerca da obtención do certificado da FNMT consulte "Obtener certificado Software".

Outras Consideracións

  • Algúns dos accesos dentro da Oficina Virtual precisan dun lector de arquivos PDF. Para un correcto funcionamento recoméndase ter instalado o Acrobat Reader 7.x ou superior. Descargar o programa Acrobat Reader.
  • Dende as 23:00 horas e ata as 2:00 horas a oficina virtual pode non estar activa por razóns de mantemento.

Para calquera dúbida ou consulta utilice o noso formulario de contacto.