Dende este Portal terá acceso a todos os medios electrónicos, informáticos e telemáticos que a Xunta de Galicia desenvolveu en materia de contratación pública. Entre outros servizos, a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, poderá acceder a unha ampla información das licitacións da administración e sector público autonómicos e das entidades locais dadas de alta no sistema. Ademais poderá acceder aos sistemas de facturación electrónica e licitación electrónica implementados para facilitar a presentación de facturas e ofertas por vía telemática.

eTramites
Sistema de facturación electrónica

Sistema de facturación electrónica

Sistema de entrada de facturas en Internet, a través do cal os provedores poden cursar as súas facturas á Xunta de Galicia de forma electrónica.

Servizos telemáticos do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma

Servizos telemáticos do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma

  • Consulta e acceso aos certificados (servizos restrinxidos aos órganos de contratación e aos apoderados das empresas inscritas)
  • Envío telemático de documentación para modificar datos de empresas inscritas
  • Subscrición ao sistema de envío de notificacións telemáticas
Sistema de licitación electrónica (SILEX)

Sistema de licitación electrónica (SILEX)

A través deste acceso poderá presentar por vía telemática as ofertas ás licitacións da Xunta de Galicia en todos aqueles procedementos que indiquen esta forma de presentación nos pregos, nos anuncios e na Plataforma de Contratos públicos de Galicia.