Actualidade
  • CONDE PRESENTA UNS ORZAMENTOS CENTRADOS EN "CONSOLIDAR O CRECEMENTO" CONSTRUÍNDO UNHA GALICIA "MÁIS COMPETITIVA, EXPORTADORA E SOSTIBLE"
    • O conselleiro de Economía e Industria salienta que as súas contas se basean na responsabilidade, rigor e seriedade coa fin de estimular o tecido produtivo galego para crecer e crear emprego
    • Destaca que no ano 2015 a Consellería mobilizará 150 millóns na renovación industrial de Galicia cara a creación da Industria 4.0
    • Aposta polo impulso dos sectores estratéxicos de Galicia como o naval e a automoción ao mesmo tempo que se potencia a diversificación e consolidación de novos sectores como o aeronáutico
    • Mantén o esforzo en materia de innovación con 50 millóns euros para impulsar proxectos innovadores que reforcen a competitividade do tecido produtivo
    • Destínanse 6 millóns á creación de novas Unidades Mixtas de Innovación que se sumarán ás 8 activadas no 2014 e que mobilizarán 30 millóns
    • As contas manteñen o compromiso de 20 millóns para impulsar a saída ao exterior das empresas galegas, que no 2015 se verá apoiada pola activación da nova Estratexia de Internacionalización
    • No contexto do apoio integral ao emprendemento, o fondo de capital risco Galicia Emprende suma 5 millóns de euros para dar apoio a 80 novos proxectos empresariais
    • No eido da enerxía, duplícase o orzamento para mellorar a eficiencia enerxética na industria con 4,3 millóns, e incorporarase un Plan Renove de Vivendas dotado con 3,7 millóns que estimulan a demanda interna en sectores como a pedra, a madeira ou construción metálica
    • Promóvese a creación dunha Rede de Mercados Excelentes á que se destinarán 20 millóns de euros ata o ano 2020
  • VICEPRESIDENCIA INTENSIFICA A SÚA APOSTA POLOS SERVIZOS PÚBLICOS ESENCIAIS E AUMENTA OS FONDOS EN XUSTIZA, EMERXENCIAS E IGUALDADE
    • O vicepresidente da Xunta compareceu hoxe no Parlamento para dar conta das liñas xerais do orzamento do seu departamento para o vindeiro ano
    • Os recursos destinados a emerxencias aumentan un 72 por cento e porase en marcha o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias na Estrada
    • O orzamento na Administración de Xustiza supera os 120 millóns de euros, o que supón un incremento de preto do 6 por cento respecto ao actual exercicio
    • Igualdade creará un programa específico para a capacitación, orientación e inserción laboral das vítimas de violencia de xénero
  • OS ORZAMENTOS DE SANIDADE AUMENTAN POR PRIMEIRA VEZ DENDE 2009 E SUPOÑEN O 40,4% DA CAPACIDADE DE GASTO DA XUNTA DE GALICIA
    •  Medran en 11,6 millóns de euros ata acadar un total de 3.410,27 millóns
    • O orzamento do Sergas ascende a 3.341,4 millóns de euros, dos que case o 44% están destinados aos profesionais
    • O investimento conxunto para infraestruturas será de 151 millóns de euros coas incorporacions previstas
    • O próximo ano poranse en funcionamento dúas novas axencias, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
    • En 2015 finalizaranse os grandes proxectos innovadores H2050 e InnovaSaúde, dotados con 90 millóns de euros do Fondo Tecnolóxico e o H. Alvaro Cunqueiro
  • A CONSELLEIRA DE FACENDA DESTACA QUE OS ORZAMENTOS DE 2015 PRESERVAN O GASTO SOCIAL, REBAIXAN O GASTO EN DÉBEDA E ELEVAN O INVESTIMENTO PARA GARANTIR AS INFRAESTRUTURAS PROXECTADAS
    •  Avanzou que os Orzamentos de 2015 inclúen 414,7 millóns de axudas comunitarias, dos que 107,8 proceden do novo marco 2014-2020
    • Tamén se orzamenta por primeira vez o Imposto sobre depósitos bancarios, que suporá uns ingresos de 17 millóns de euros para a Comunidade
    • Elena Muñoz Fonteriz presentou hoxe as contas na Comisión 3ª do Parlamento
    • Lembrou que estes orzamentos están deseñados para consolidar o crecemento económico, e elevan en máis de 60 millóns de euros o gasto dispoñible
    • "Son unhas contas para que Galicia siga sendo dona do seu futuro, blindando a súa autonomía financeira para tomar as mellores decisións en cada momento", sinalou
    • Puxo en valor o traballo realizado durante a crise, que permitiu a Galicia unha menor caída da economía e unha menor destrución de emprego
    • Facenda logrou reducir un 40% o gasto en alugueres dende 2009, e o vindeiro ano baixará un 1,5% o gasto corrente
Mostrando o intervalo 5 - 8 de 13 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados