Actualidade
  • FEIJÓO DESTACA UNS ORZAMENTOS PARA 2015 CON MÁIS RECURSOS PARA O EMPREGO, CON PRETO DE 8 DE CADA 10 EUROS PARA GASTO SOCIAL, CON MENOS IMPOSTOS E COMPROMETIDOS COA RECUPERACIÓN, CUN MAIOR INVESTIMENTO POR PRIMEIRA VEZ DESDE A CRISE

    O titular da Xunta afirma que os Presupostos do vindeiro ano están elaborados co máximo rigor, de acordo co teito de gasto aprobado polo Parlamento, e serán remitidos á Cámara antes do 21 de outubro, que é o prazo establecido por lei

    Feijóo destaca uns Orzamentos para 2015 con máis recursos para o emprego, con preto de 8 de cada 10 euros para gasto social, con menos impostos e comprometidos coa recuperación, cun maior investimento por primeira vez desde a crise

    • Insiste en que estas contas consolidan as posibilidades de dar o xiro económico que se iniciou, "e que agardamos se complemente nos próximos anos", ao prever un crecemento económico do 2% o vindeiro ano; "o maior crecemento económico desde o ano 2007"
    • "Seguiremos sendo solventes para ser autónomos. Seguiremos sendo solventes para seguir financiándonos nas mellores condicións posibles. E seguiremos sendo solventes para seguir cumprindo coas nosas obrigas, como a de pagar aos nosos provedores", asevera
    • Avanza a creación, por primeira vez, dun canon mineiro, "que terá un tipo de entre o 1% e o 1,5% dos ingresos das empresas que se dediquen á extracción de metais na Comunidade, quedando exentos deste canon as tradicionais explotacións de lousa e de granito pero non as explotacións de metais que se concretan na lei"
    • Destaca a decisión de rebaixar o imposto para o sector do transporte profesional ao incrementar ao 100% a exención do céntimo sanitario
    • No eido das infraestruturas sanitarias resalta que a Xunta destinará: 27 millóns aos centros de saúde; máis de 50 millóns ao Hospital Público de Vigo; máis de 13 millóns ao Hospital de Ourense; máis de 7 millóns ao Hospital da Coruña e máis de 6,5 millóns ao Hospital da Costa e ao Hospital do Salnés
    • Afirma que o Corredor do Morrazo será licitado e adxudicado o próximo ano; finalizarase o tramo Celeiro-San Cibrao e o eixo que conecta Monforte-Sarria-Lugo; rematarase o acceso ao porto de Burela e desbloquearase a autovía á Costa da Morte e a plataforma loxística de Salvaterra
    • "En materia de saneamento, destinaremos 142 millóns para Vigo, Ribeira, Ferrol e Narón; e iniciaremos unha partida orzamentaria para a depuradora en Santiago así como para outras actuacións en distintas vilas costeiras, co compromiso de sanear as rías nesta lexislatura", engade
Mostrando o intervalo 13 - 13 de 13 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados