Actualidade
  • SANIDADE DESTINARÁ NO VINDEIRO ANO UN TOTAL DE 3.614 MILLÓNS DE EUROS A MELLORAR A SAÚDE DA CIDADANÍA GALEGA
    • O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explicou no Parlamento os presupostos para 2017
    • O orzamento deste departamento, que ascende por terceiro ano consecutivo, supón preto do 42% do total da Xunta
    • Hai 43,6 millóns de euros para financiar os específicos adicionais de todos os profesionais
    • Ademais, destínanse 7,4 millóns para reforzar a contratación de persoal
    • O conselleiro agradeceu a todos os traballadores do Sergas e da Consellería o seu labor, enerxía e esforzo no día a día
  • CONDE SUBLIÑA O INCREMENTO DUN 60% DOS APOIOS A AUTÓNOMOS E O 44% DO FINANCIAMENTO ÁS PEMES PARA CONVERTELOS EN PROTAGONISTAS DO CRECEMENTO ECONÓMICO
    • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou que os orzamentos do seu departamento están centrados especialmente na creación de emprego, co obxectivo de lograr 20.000 novos postos de traballo no 2017
    • Os apoios á innovación medran un 3,7%, ata os 63,2 millóns de euros, priorizando o talento, o investimento privado, a compra pública innovadora e as medidas encamiñadas a impulsar un novo modelo de innovación para o futuro
    • Continúase a reforzar a aposta polos sectores estratéxicos e emerxentes e, coa posta en marcha da Axencia Industrial Forestal de Galicia, activaranse novas medidas en favor da innovación e a competitividade da cadea de valor dos bosques galegos
    • Dáse un novo impulso á Industria 4.0 para consolidar a implantación da fábrica intelixente en Galicia
    • Avánzase un ano máis na modernización, a innovación e a dixitalización das pemes comerciais, co obxectivo de que un millar de comercios se sumen ás máis de 4.000 iniciativas que se teñen apoiado no ámbito de smart commerce
    • Refórzase a loita contra a pobreza enerxética, o impulso das enerxías renovables e do aforro e eficiencia enerxética, con 34,2 millóns de euros o vindeiro ano
    • Continuarase dedicando esforzos para que en Galicia ningunha familia quede sen electricidade polas súas dificultades económicas e poñeranse en marcha tamén medidas para evitar o corte no subministro de gas natural
    • Conde sinala que o reto destas contas é "facer de Galicia a mellor terra onde traballar, investir, innovar e vivir"
  • OS PROGRAMAS PARA O ÉXITO EDUCATIVO E A FORMACIÓN DO PROFESORADO GAÑAN PESO NOS ORZAMENTOS 2017
    • O conselleiro de Cultura e Educación presentou hoxe no Parlamento de Galicia as contas do seu departamento para o vindeiro ano, que se centran en continuar mellorando o sistema de ensino cara a excelencia, ao tempo que se mantén a equidade
    • Tamén anunciou unha oferta de emprego público en infantil, primaria e secundaria, en termos similares aos do presente ano
    • Ademais increméntanse as partidas dirixidas á protección e conservación do patrimonio cultural e a equipamento e actividades dos museos
    • A recuperación dos salarios do persoal da Administración, despois do esforzo realizado durante a crise, é outro importante eixo das contas públicas
  • ETHEL VÁZQUEZ DESTACA O MARCADO ACENTO SOCIAL DOS ORZAMENTOS DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA PARA 2017, QUE MEDRAN NUN 5% E DESTINAN 9 DE CADA 10 EUROS A INVESTIMENTO REAL PARA AS PERSOAS
    • Salienta que as contas de 2017 volven apostar polo reequilibrio territorial cun 44% máis de investimento per capita ás provincias interiores que ás atlánticas
    • Remarca o incremento dun 9% do orzamento para mellorar a mobilidade dos galegos, iniciando en agosto a reordenación do sector do transporte público coa integración de servizos e a implantación de servizos á demanda
    • "Trátase de levar o autobús, ou microbús, ou taxi, onde sexa preciso cando sexa preciso", apunta
    • Pon en valor o aumento do 4,3% da partida do Plan de Transporte Metropolitano para a posta en marcha das áreas de Pontevedra e Ourense e para o programa Xente Nova, co que  31.000 menores de 19 anos viaxan gratis no interurbano
    • Salienta que o investimento previsto para as intermodais permitirá iniciar as obras das tres primeiras estacións en 2017
    • Subliña a redución do 17,3% do gasto financeiro en materia de vivenda, un departamento que aumenta nun 8% a súa capacidade de investimento, con 10 millóns de euros para facilitar o acceso a un fogar reforzando as medidas existentes e creando outras como o programa ‘Rehaluga'
    • Avanza o reforzo dos programas de prevención da exclusión residencial e a construción de vivendas de promoción pública en Vigo, A Coruña e Ourense, onde tamén se desenvolverán obras de rehabilitación no casco vello, ao igual que en Betanzos, Lugo e en Mondoñedo, a través do novo programa ‘Rexurbe'
    • Destinaranse 40 millóns á conservación da rede autonómica de estradas e ao aseguramento do Plan de Vialidade Invernal
    • O vindeiro ano a Xunta investirá 22 millóns de euros para avanzar na execución da autovía do Morrazo, prevéndose o remate do primeiro treito, o impulso do segundo e o inicio do terceiro tramo
    • Executarase unha mellora das estradas cunha partida para o Plan de Reforzos de Firme, dotada con 15,5 millóns, que permitirá actuar en 700 km
Mostrando o intervalo 5 - 8 de 15 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados