Actualidade
- O conselleiro de Facenda adiántalle aos sindicatos que a Xunta aumentará máis dun 15% os recursos destinados ao emprego
- Valeriano Martínez confirmoulles ademais que a Xunta reanudará en 2017 o complemento específico nas pagas extras dos empregados públicos
- Tamén trasladou o compromiso do Goberno galego de manter a política de concertación social
- Lembrou que se teñen acadado máis de dez acordos cos sindicatos que permitiron avanzar na mellora de condicións laborais dos empregados públicos
- O conselleiro de Facenda reuniuse hoxe coas centrais sindicais para presentarlles as liñas básicas dos Orzamentos para 2017
- Facenda trasládalle aos empresarios as liñas duns orzamentos que teñen no emprego e no esforzo investidor dúas importantes claves
- O conselleiro de Facenda transmitiulle hoxe ao vicepresidente da CEG, Antonio Fontenla, a aposta do Goberno galego polo investimento produtivo
- Valeriano Martínez avanzoulle á patronal que o gasto non financeiro incrementarase nun 2,9 por cento, nunha tesitura expansiva na que se ten que asentar o crecemento económico
- Tamén confirmou o incremento do gasto na área de emprego
- A Xunta destinará 120 millóns de euros ao Fondo de Cooperación local nos Orzamentos de 2017, un 3% máis que este ano
- O Goberno galego trasladoulle hoxe á Fegamp que esta partida orzamentaria se incrementa en 3,6 millóns con respecto ao vixente exercicio
- Mantense a partida destinada ao fondo para o fomento das fusións, que supera os 2 millóns de euros