Actualidade
  • O CONSELLEIRO DE FACENDA AVANZA QUE A XUNTA PREVÉ OFERTAR ESTE ANO UNHAS 3.000 PRAZAS DE EMPREGO PÚBLICO
    • O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, compareceu hoxe no debate de totalidade do proxecto de Lei de Orzamentos para 2017
    • Indicou que a Xunta disporá este ano dunha capacidade real de gasto similar a 2009, e cun maior peso da sanidade e da educación
    • Resaltou que Galicia está no seu mellor momento económico dos últimos oito anos, pese a que non están superadas todas as dificultades
    • Insistiu en que as contas apostan por crear 20.000 empregos, eliminan impostos, reducen o déficit, incrementan os investimentos e reforzan o gasto social
    • O gasto da Xunta de Galicia medra ata os 9.063 millóns de euros, con preto de 300 millóns máis para consolidar o crecemento económico e a recuperación
    • "Temos feito moito, pero resta moito por facer", explicou o conselleiro, que incidiu na importancia de contar cun Plan Estratéxico como folla de ruta ata 2020
    • Garantiu que Galicia terá unha posición "única e de país" cando se aborde a reforma do financiamento autonómico
  • MAR CONTARÁ NO 2017 CUN ORZAMENTO DE MÁIS DE 142 MILLÓNS DE EUROS E DESTINARÁ DIRECTAMENTE O 65% AOS SECTORES PRODUTIVOS E AO DESENVOLEMENTO EMPRESARIAL
    • A cifra total do orzamento é un 10% superior á deste ano e céntrase no apoio económico ao sector
    • Destinaranse máis de 60 millóns de euros a manter a competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura e preto de 15 millóns de euros ao desenvolvemento sustentable das zonas de pesca
    • Unha das apostas económicas fundamentais é a da mellora da valorización dos produtos do mar mediante a transformación, que contará con 5 millóns máis que o ano pasado
    • Outra é o aproveitamento da potencialidade produtiva do mexillón, cunha partida de 24 millóns de euros, arredor de 6 millóns máis que este ano
    • As partidas no eido da formación medrarán en case un 5% e acadarán case os 9 millóns de euros
    • Ampliarase a aposta polas estruturas portuarias subindo os fondos de equipamentos portuarios e os destinados a investimentos de Portos de Galicia, que xuntos suman máis de 12 millóns de euros
    • O Centro Tecnolóxico do Mar prevé incrementar o seu orzamento en preto dun 13%, superando os 4 millóns de euros
  • O ORZAMENTO DE MEDIO RURAL CRECE UN 3% E APOSTA POLA REESTRUTURACIÓN DA TERRA, A CALIDADE ALIMENTARIA E POR FIXAR POBOACIÓN
    • A conselleira concretou os principais avances nos eidos da reestruturación da propiedade e no relativo ao fomento da industrialización, a comercialización e a promoción do consumo dos produtos agroalimentarios
    • Para o 2017 hai previstos 28,5 millóns de euros de investimento en materia de reestruturación das terras agrarias, case un 29% máis que no exercicio anterior
    • Salienta o aumento de case o 47% no orzamento destinando a financiar as axudas para os investimentos en instalacións industriais co fin de mellorar as condicións de transformación e comercialización dos produtos agroalimentarios
    • Créase a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), na que confluirán a investigación e a innovación, a promoción e protección da calidade diferencial dos produtos e a formación e transferencia tecnolóxica
    • Increméntanse nun 23,5% as axudas para a instalación de agricultores mozos, co fin de seguir impulsando a remuda xeracional no agro
    • Rexístrase un aumento do 6,1% na dotación da Subdirección Xeral de Gandaría, que permitirá continuar a aposta a prol da sanidade e o benestar animal
    • No eido forestal, destinaranse á valorización do monte máis de 49 millóns de euros; outros 21 millóns serán para prevención e 31 para a extinción de incendios
  • OS ORZAMENTOS DA VICEPRESIDENCIA PARA 2017 INCREMENTAN AS PARTIDAS EN XUSTIZA E NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
    • Tres de cada catro euros destínanse a servizos públicos esenciais, como xustiza, igualdade, emerxencias ou cooperación para o desenvolvemento
    • Iniciarase a rehabilitación integral de San Caetano, onde traballan 2000 persoas e polo que pasan 500 cidadáns cada día
    • Os novos edificios xudiciais de Pontevedra, Vigo, Coruña e Tui concentran un investimento que superan os 60 millóns de euros
Mostrando o intervalo 1 - 4 de 15 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados