Actualidade
  • ETHEL VÁZQUEZ DESTACA O ESFORZO POR MELLORAR A REDE VIARIA QUE RECOLLEN OS ORZAMENTOS DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA PARA 2018, QUE IMPULSAN A ELIMINACIÓN DE TODOS OS TREITOS DE CONCENTRACIÓN DE ACCIDENTES E DOS RUÍDOS DAS ESTRADAS
    • Vázquez Mourelle salienta que no 2018 se estreará a autovía do Morrazo, nos seus 7 primeiros quilómetros; se iniciará a conexión entre o polígono de San Cibrao e a A-52; e se licitarán e comezarán as obras da VAP Tui – A Guarda
    • O Goberno galego continuará co Plan de Reforzos de Firme, que incrementa a súa dotación de 15 a 20 M€ e se complementará coa conservación ordinaria e o Plan de Vialidade Invernal, garantidos cunha partida de máis de 23 M€
    • No ámbito de vivenda, a Xunta continuará impulsando a rehabilitación cunha partida de 33 M€, un 35 % máis que no 2016, destinada a actuacións directas e axudas a particulares e promotores
    • O Goberno galego tamén disporá o próximo ano de 7 M€ para iniciar a construción de 40 vivendas de promoción pública no parque Ofimático da Coruña e tamén outras  en Vigo, Ourense e Santiago de Compostela
    • No eido do solo industrial, a Xunta investirá 15 M€ no parque de Morás, en Arteixo, onde xa se adxudicaron máis de 100.000 m2, para continuar coas obras en execución e iniciar as conexións de saneamento e abastecemento
    • No que se refire á mobilidade, as contas autonómicas seguirán consolidando a aposta polo Plan de transporte metropolitano, cun orzamento de 10,5 M€, e reservan 19,4 M€ para a 1ª fase do Plan de transporte público de Galicia 
    • Os Orzamentos destinan 7,2 M€ para comezar as obras das intermodais de Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo, rematar o proxecto da da Coruña e avanzar nos traballos en Lugo e Ferrol
  • XUSTIZA, EMERXENCIAS E COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO CENTRAN AS SUBAS NAS CONTAS DE VICEPRESIDENCIA PARA 2018
    • Rueda destaca os avances previstos en infraestruturas xudiciais, coa conclusión do edificio de Pontevedra e o pulo aos de Vigo e Tui
    • A Xunta destina 1,7 millóns á comarcalización de parques de bombeiros das cidades e iniciará de inmediato o diálogo con outras administracións
    • As medidas contra violencia de xénero contan co orzamento máis alto da historia da autonomía e sube un 11,6% o apoio a mulleres vulnerables
    • Os orzamentos destinados a cooperación ao desenvolvemento increméntanse nun 11,4%, ata chegar aos 5 millóns de euros
  • SANIDADE APOSTA POLA ESTABILIDADE LABORAL DOS SEUS PROFESIONAIS, A MODERNIZACIÓN DAS INFRAESTRUTURAS E A ATENCIÓN Á CRONICIDADE
    • O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu hoxe no Parlamentopara informar sobre os presupostos para o ano 2018
    • Os orzamentos da Consellería aumentan por cuarto ano consecutivo, como mostra da aposta da Xunta pola sanidade pública
    • Preto de 88 millóns de euros serán para as infraestruturas e os equipamentos
    • A Consellería publicará una nova OPE no vindeiro mes de novembro con 1.616 prazas, duplicando a oferta do ano pasado
    • Continúase a potenciar a atención aos pacientes crónicos coa extensión de Telea a máis centros de saúde
  • A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN VOLVERÁ CONVOCAR UNHA AMPLA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO EN 2018
    • Román Rodríguez deu conta hoxe no Parlamento dos orzamentos do seu departamento, que se incrementan ata chegar aos 2.392,7 millóns de euros
    • Os aumentos porcentuais máis fortes prodúcense nas partidas das direccións xerais de Educación, FP e Innovación educativa e do Patrimonio cultural
    • Duplícanse os fondos destinados á formación do profesorado en programas de éxito escolar, prevención do abandono e en Edudixital, así como ás campañas de dinamización lingüística
Mostrando o intervalo 5 - 8 de 13 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados