Actualidade
  • O CONSELLEIRO DE FACENDA AVANZA NO PARLAMENTO QUE A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA XUNTA PARA 2018 CHEGARÁ ÁS 3.400 PRAZAS
    • Valeriano Martínez confirmou que a Xunta aprobará este mes a oferta de 2017, que disporá tamén dunhas 3.400 prazas, fronte ás 3.000 previstas inicialmente
    • O titular de Facenda participou hoxe no debate de totalidade dos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, que medran un 2,9% e esgotan o teito de gasto
    • O Orzamento para 2018 será o máis alto da década e ascende a 9.487 millóns
    • As contas autonómicas apostan por elevar o gasto social, os investimentos e emprego, e por baixar os impostos e o gasto en débeda
    • O conselleiro destacou que Galicia dispón dunha estabilidade institucional "que xera confianza, e a confianza xera crecemento"
    • O obxectivo da Xunta para o vindeiro ano será reforzar a recuperación económica para que os seus efectos cheguen a todos os fogares galegos
  • O ORZAMENTO DE MAR PARA O 2018 SUBE EN MÁIS DUN 9% CON MÁIS DE 155 MILLÓNS DE EUROS E CÉNTRASE NA MELLORA DA COMPETITIVIDADE DOS SECTORES MARÍTIMO-PESQUEIROS
    • Suben nun 55% as partidas destinadas á mellora da transformación e comercialización ata acadar case os 23 millóns de euros
    • Medra nun 50% o montante global para o impulso da incorporación de xente nova ao sector
    • No eido do marisqueo increméntanse un 18% os fondos para conservación, avaliación e xestión das zonas de produción, superando os 6 millóns de euros
    • Destínanse máis de 14 millóns de euros á diversificación e ao desenvolvemento das zonas de pesca, un 7,7% máis que este ano
    • Os fondos destinados a infraestruturas portuarias medran nun 46%, unha suba que ten especial efecto no orzamento global de Portos de Galicia
    • O orzamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño sube arredor dun 20% e ascende aos 3,3 millóns de euros centrándose na mellora dos equipos para realizar analíticas en materia de seguridade alimentaria
  • O SECTOR FORESTAL GALEGO DISPORÁ DE 200 MILLÓNS DE EUROS NO 2018, DOS QUE 180 IRÁN DESTINADOS A VALORIZACIÓN, PREVENCIÓN E DEFENSA DOS MONTES
    • Ángeles Vázquez ofreceu estas cifras durante a súa intervención no Parlamento para explicar os orzamentos do próximo ano
    • A planificación e ordenación do monte será un dos obxectivos prioritarios para o que se achegarán 4 millóns de euros en axudas
    • En total a Consellería do Medio Rural disporá de case 500 millóns de euros, o que significa un incremento do 4%
  • O ORZAMENTO DA XUNTA PARA POLÍTICA SOCIAL CRECE UN 9% ATA OS 700 MILLÓNS DE EUROS PARA QUE A RECUPERACIÓN ECONÓMICA CHEGUE A TODOS OS FOGARES
    • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe no Parlamento de Galicia as contas do seu departamento para 2018
    • Rey Varela fixou os piares do novo presuposto na mellora da atención á dependencia, o apoio integral as familias desde o primeiro momento para facilitar a conciliación e a crianza dos fillos e fillas; a integración das persoas en risco de exclusión; e a formación, empregabilidade e fomento da participación e voluntariado entre a xuventude
Mostrando o intervalo 1 - 4 de 13 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados