Actualidade

  • A CONSELLERÍA DO MAR DESTINARÁ MÁIS DE 75 MILLÓNS DE EUROS Á MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS DO MAR NO 2019
    • Esta cifra supón a parte máis ampla do orzamento deste departamento para o ano que vén, que é de máis de 161 millóns de euros e que supera nun 4% ao orzamento deste ano
    • Sobe un 5% a contía do programa de competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura, que supera os 66 millóns de euros
    • Medra máis do 6% a cantidade destinada á mellora das infraestruturas portuarias e acada os 16 millóns de euros de montante global
    • Os fondos da aposta da mellora das zonas de produción increméntanse 4,5% aproximándose aos 30 millóns de euros
    • No eido da formación a suba dos fondos supera o 4% e os nove millóns de euros
    • Os orzamentos atenderán a novos retos, onde se enmarca o incremento do 27% nos fondos dedicados a valorizar os descartes
  • MEDIO RURAL AUMENTA O SEU ORZAMENTO NUN 4,15% ATA SUPERAR OS 516 MILLÓNS DE EUROS CO FIN DE IMPULSAR UN 'AGRO VIVO E DINÁMICO'
    • Así o destacou hoxe o conselleiro José González na presentación das contas do seu departamento para 2019 diante da Comisión de Facenda da Cámara galega
    • O impulso á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, á mobilidade de terras e a aplicación das recomendacións da Comisión forestal do Parlamento centran os presupostos da consellería para o vindeiro ano
    • Outras liñas teñen que ver co apoio á industria agroalimentaria, a constante mellora da sanidade animal ou o impulso á modernización das explotacións e á remuda xeracional no medio rural de Galicia
  • O ORZAMENTO DA CONSELLERÍA DE SANIDADE PARA O VINDEIRO ANO É DE CASE 4.000 MILLÓNS DE EUROS, A CIFRA MÁIS ALTA DA HISTORIA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
    • O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explicou no Parlamento os presupostos do seu departamento para o vindeiro ano
    • Os orzamentos presentados supoñen un incremento de 127 millóns respecto do ano pasado, é dicir, un 3,3% máis
    • Anunciou a posta en marcha do Primeiro Plan de Igualdade entre mulleres e homes no Sergas
    • Sanidade comezará un programa de cribado de cancro de cérvix
    • Contémplase un incremento de case 3 millóns de euros para a compra de vacinas e darase un impulso importante ao calendario de vacinación de adultos, incluíndo novos grupos de risco
    • O vindeiro ano será o da implantación definitiva da normativa que regula a composición e o funcionamento dos Consellos Asesores de Pacientes de área
    • A construción e actualización de equipamentos na atención hospitalaria para o vindeiro ano suporá 44,1 millóns de euros
    • Para atención primaria o conselleiro anunciou unha partida de 18,7 millóns de euros
  • FABIOLA GARCÍA DESTACA QUE EN 2019 MÁIS DE 19.000 PERSOAS SE BENEFICIARÁN DO INCREMENTO DA CONTÍA DE AXUDAS Á DEPENDENCIA
    • As contas de Política Social increméntanse preto dun 5% en comparación co presente ano e acadan a cifra de 731,5 millóns de euros
    • Practicamente seis de cada dez euros invístense na área de Maiores e Persoas con Discapacidade, o que permitirá seguir mellorando e ampliando os servizos dirixidos a estes dous colectivos
    • Refórzase a aposta polas familias, con máis fondos para prazas en escolas infantís, recursos de conciliación e axudas directas para a crianza dos fillos
    • Aumentan as partidas para propiciar a inclusión social das persoas en risco ou situación de vulnerabilidade, e afóndase na coordinación cos concellos e os axentes sociais e coas melloras previstas no futuro Decreto da Risga
    • Garántese a continuidade dos programas de educación non formal centrados na mellora da empregabilidade dos mozos e mozas, ademais de incrementarse o orzamento na Campaña de verán
Mostrando o intervalo 1 - 4 de 13 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4