O conselleiro

Enmarcados nun escenario de consolidación económica e de redución do desemprego, os orzamentos da Xunta para 2017 son os primeiros desta lexislatura e os segundos expansivos consecutivos dende 2009, cun importante incremento de recursos que supera os 600 millóns de euros se temos en conta os dous últimos anos.

Esta maior capacidade de gasto permítenos seguir fortalecendo os servizos públicos, reforzar o investimento e afondar en políticas sociais, de revitalización demográfica e de loita contra a desigualdade.Saludo del conselleiro

Con eles se consolida unha das nosas prioridades, acadar un modelo de crecemento san, progresivo, continuo e sostido, baseado en seguir reducindo o déficit público, aforrando xuros e cunha menor dependencia do endebedamento, blindando o gasto social e promovendo o investimento produtivo.

Estas contas continúan incidindo na maior rebaixa fiscal da autonomía de Galicia e introducen unha nova baixada selectiva de impostos, co foco no medio rural como ámbito prioritario para o Goberno galego na próxima lexislatura.

O gran reto segue sendo continuar baixando o paro, co que se reforzan as principais partidas relacionadas co emprego co obxectivo de crear ata 20.000 postos de traballo o vindeiro ano, destacando o impulso do emprego autónomo, xuvenil e no rural.

En liña co noso Plan Estratéxico ata 2020, o Orzamento para 2017 reforza as grandes partidas de gasto dirixidas directamente á cidadanía, prioriza a aposta pola competitividade e a innovación e afonda nas potencialidades do sector primario.

Son unhas contas centradas en mellorar a calidade de vida de todos os galegos. Estes orzamentos buscar ter máis crecemento, máis emprego e máis investimento, pero menos impostos, menos déficit e menos débeda. Son, en definitiva, os orzamentos do crecemento san.

Valeriano Martínez
Conselleiro de Facenda

Temas relacionados
  • Ir a presentación Orzamentos 2014
  • Ir a presentación Orzamentos 2014
  • Ir a presentación Orzamentos 2014
  • Ir a presentación Orzamentos 2014