Inicio > Trámites > Introdución á Oficina Virtual > Obtención de autorizacións especiais > Información para avogados
Para o uso da Oficina Virtual na opción "USUARIOS REXISTRADOS" é preciso solicitar un certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA sobre o cal atopará información adicional premendo no enlace Certificado Dixital e, acompañando o código de solicitude, acreditar posteriormente a súa identidade nalgunha das seguintes oficinas:
Son válidos igualmente os certificados expedidos polas autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Facenda.
Nesta páxina web están á súa disposición a ficha para a identificación dos usuarios do seu despacho profesional que van acceder as nosas aplicacións e o modelo de solicitude de autorización para a presentación e pago telemático de autoliquidacións que deberá subscribir e asinar o avogado. Unha vez cubertos ambos documentos, dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e remitiranse por correo ou por fax ó 981.544169, xunto coa certificación acreditativa da colexiación no Ilustre Colexio de Avogados.
A orde do 5 de xuño de 2003 (DOG do 17 de xuño de 2003), pola que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemática das autoliquidacións correspondentes ó imposto sobre "Transmisións Patrimoniais e actos xurídicos documentados pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares" e na Orde de 30 de abril do 2004 pola que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemática das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre "Transmisións Patrimoniais e actos xurídicos documentados" (DOG de 11 de maio do 2004) e a Orde de 19 de maio do 2005 (DOG de 26 de maio do 2005 pola que se regula o procedemento para o pago e a presentación telemáticas das autoliquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns e se modifican as ordes que regulan o pago e a presentación telemáticas no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e na taxa fiscal sobre o xogo, describen os requisitos necesarios para a utilización desta vía de presentación recoñecendo a importación que nestes impostos teñen determinados profesionais. Así, cualifica de usuarios ós membros dos colexios profesionais que subscriban coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste. A Comunidade Autónoma de Galicia ten subscrito, neste momento, o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria, de 17 de xuño do 2003.
Para poder realiza-las presentacións obxecto da norma anterior son necesarios os seguintes datos:
Cando obteñan a autorización para o pagamento e a presentación telemáticos deberán entrar na aplicación por medio do apartado "USUARIOS REXISTRADOS" dispoñible na Oficina Virtual.
Non e necesario o emprego do código de usuario nin contrasinal. É suficiente co que a persoa (FÍSICA OU XURÍDICA) para a que se pide a autorización teña instalado no seu ordenador o seu propio certificado dixital.
Dentro da Oficina Virtual Tributaria existe un apartado no que figuran actualizadas as entidades financeiras coas que se pode realizar o pagamento telemático.
É imprescindible que o usuario (PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA) que acceda á aplicación (identificado co certificado dixital) figure como titular da conta correspondente pois, de non ser así, a entidade financeira non aceptará o devandito pagamento. Non se aceptan autorizados.