Inicio > Áreas > Planificación e Fondos > Presentación
A Dirección Xeral de Planificación e Fondos é o órgano que exerce as competencias atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de planificación económica, coordinando á vez as actuacións derivadas da súa condición de Organismo Intermedio para o período 2007-2013 ante os Ministerios de Hacienda y Administraciones Públicas e de Empleo y Seguridad Social en materias relacionadas cos Fondos Estruturais.
Do período 2007-2013 pódense consultar os Programas Operativos Estruturais en Galicia, concretamente o FEDER e FSE, así como os de Cooperación Territorial: Transfronteiriza España-Portugal, Transnacionais Espazo Atlántico e Espazo Sudoeste Europeo e Interrexional INTERREG IVC.
Os Programas Plurirrexionais do FEDER e do FSE que se invisten en Galicia, o FEAG e o apartado de Seguimento e Avaliación figuran a continuación.
Así mesmo, figura o apartado de Información de Axudas de Estado.
Tamén se pode consultar a Normativa vinculada coas competencias do Departamento.
Do Marco Comunitario de Apoio 2000-2006 pódese consultar os principais documentos de programación e execución comunitaria en Galicia no período 2000-2006.
En Publicidade e información comunitaria pódese descargar algúns exemplos de logos comunitarios, así como consultar a Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estruturais 2007-2013 en Galicia, os cursos e xornadas, as accións de publicidade e información 2007-2013, as actuacións de Boas prácticas e a Revista de Política Rexional Europea ULTREIA.
E finalmente, nas Ligazóns de interese pódese acceder directamente ás páxinas web dos organismos relacionados coa política de cohesión comunitaria.
