Inicio > Consellería > Benvida da conselleira

Benvida da Conselleira de Facenda

??? imaxe[1]/titulo ???

Asumo con gran ilusión e responsabilidade esta nova tarefa á fronte da Consellería de Facenda, consciente do difícil labor que temos por diante, pero confiando en que coa colaboración do  meu equipo poidamos estar á altura das demandas que nos require a sociedade galega nestes momentos.

Collo o testigo de Marta Fernández Currás  co obxectivo de seguir a mesma senda iniciada fai xa case tres anos e que ten convertido a esta Comunidade Autónoma nun referente de rigor das contas públicas.

A transparencia e a honestidade,  dúas das premisas que teño aplicado como xestora do servizo público, seguirán guiando o desempeño da miña responsabilidade como Conselleira de Facenda.

Coñezo esta Administración e confío nos seus empregados. Estou segura de que seremos capaces, entre todos, de seguir profundando nunha xestión máis austera, eficiente e próxima aos cidadáns.  Aos traballadores pídolles a ilusión e a necesaria colaboración para seguir avanzando nos obxectivos. Pola miña parte comprometo todo o meu esforzo para sair airosos dos desafíos que se nos presenten, por difíciles que sexan.

 
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda.

 

Curriculum da Conselleira

 

Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda