Decreto 123/1985, de 2 de maio, polo que se fixan os precios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 126 de 3 de xullo de 1985).

Só se amosa a parte do decreto que afecta ao código tratado 361300 - Productos agropecuarios.

Conforme ó artigo 44 do Estatuto de Autonomía , a facenda da Comunidade Autónoma  constitúese, entre outros rendementos polos ingresos de dereito privado, ben consistan estes en froitos, rendas e intereses de bens e dereitos patrimoniais, ben en rendementos e ingresos de servizos e actividades que non teñan natureza tributaria.

Pola súa parte, a Lei orgánica 8/1980, de 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas  no seu artigo cuarto se pronuncia en idéntico sentido.

O artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro , de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma, ademais de conter o concepto do que ha de entenderse por prezo público, establece que a Xunta fixará os que deban de ser exixibles pola Administración Autonómica.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto no citado artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro (citada), a proposta do Conselleiro de Economía e Facenda e previa deliberación do Consello da Xunta en reunión do día dous de maio de mil novecentos oitenta  e cinco,

dispoño:

Artigo  único.

As tarifas exixibles polos prezos públicos a que se refire o artigo 18 da Lei do Parlamento de Galicia 1/1985, de 10 de xaneiro de Presupostos Xerais de la Comunidade Autónoma de Galicia para 1985 son as que se fixan nos anexos de este Decreto.

Disposición final.

O presente Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».

ANEXO 4
Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación

Venda de productos:

  • Leite: prezo mínimo sinalado pola normativa vixente.
  • Gando vivo para carne: cotización de mercado nacional e lonxas oficiais.
Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda