Informes
- Informe 1/2008 de 15 de abril de 2008: Alcance dos informes facultativos da xunta consultiva de contratación administrativa. Mesas de contratación das corporacións locais.
- Informe 2/2008 de 15 de abril de 2008: Adxudicación dun contrato a unha empresa que non está clasificada.
- Informe 3/2008 de 27 de maio de 2008: adxudicación dun contrato a unha empresa que non está clasificada.
- Informe 4/2008 de 27 de maio de 2008: contratos que teñen por obxecto a subscrición a revistas, publicacións periódicas e bases de datos. Réxime xurídico. Tramitación
- Informe 5/2008 de 27 de maio de 2008: publicidade en procedementos abertos e restrinxidos da comunidade autónoma de Galicia. Prazos de presentación en procedementos negociados
- Informe 6/2008 de 11 de xuño de 2008: competencias da xunta consultiva de contratación administrativa. Modificación de obxecto contractual.
- Informe 7/2008 de 11 de xuño de 2008 : gastos de primeiro establecemento nos contratos de xestión de servizos.
- Informe 8/2008, de 30 de xaneiro de 2009, sobre definición da expresión “prezo primitivo do contrato” do artigo 160 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas e 217.3 da Lei de Contratos do Sector Público. Tramitación da certificación final.
- Informe 9/2008 de 30 de xaneiro de 2009, sobre consulta sobre a procedencia de acto de apertura pública nos procedementos negociados sen publicidade.
- Informe 1/2009 de 25 de xuño de 2009, de consulta sobre réxime xurídico aplicable e ampliación do obxecto dos contratos de xestión de servizos públicos.
- Informe 2/2009 de 25 de xuño de 2009, de consulta sobre cualificación xurídica dun contrato administrativo con obxecto da xestión e explotación de minipuntos limpos.
- Informe 3/2009 de 25 de xuño de 2009, de consulta sobre prohibición de contratar de concelleiros/as de Corporación locais.
- Informe 4/2009 de 25 de xuño de 2009, de consulta sobre determinación de importe de garantía definitiva e composición do comité de expertos.
- Informe 1/2010, de 28 de xuño de 2010, de consulta sobre a demora de na sinatura dun contrato adxudicado por unha sociedade pública.
- Informe 2/2010 de 28 de xuño de 2010, sobre alcance que debe darse ao termo “importe do contrato” utilizado no paragrafo 2.b) do artigo 209 da LCSP.
- Informe 3/2010 de 28 de xuño de 2010, de consulta sobre posibilidade de realizar contratos menores de xestión de servizos públicos, administrativos especiais e privados. Aplicabilidade do procedemento negociado na concertación de contratos de difusión publicitaria cos medios de maior difusión dun Concello. Sistema de recursos contra os actos de adxudicación provisional e definitiva en contratos non harmonizados.
- Informe 4/2010, de 28 de xuño de 2010, sobre a aplicatoriedade do artigo 114.3 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e sobre o porcentaxe das modificacións contractuais como causa de resolución do contrato de obras.
- Informe 5/2010 de 28 de xuño de 2010, sobre a clasificación empresarial esixida aos contratos clasificados como de consultaría e asistencia no RD-L 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas.
- Informe 7/2010 de 30 de novembro de 2010, de consulta sobre contratación de profesorado para a realización de traballos técnicos, de consultaría ou de asistencia na Universidade onde desenvolve a súa actividade profesional.
- Informe 8/2010 de 30 de novembro de 2010, de consulta sobre eficacia dunha resolución pola que se acorda a prohibición de contratar dunha empresa o mesmo día en que se adxudica un contrato menor á mesma.
- Informe 11/2010 de 21 de decembro de 2010, de consulta relativa á consideración como propostas simultáneas as formuladas por licitadores principais que aparecen noutras propostas como empresas subcontratistas.
- Informe 9/2010, de 8 de febreiro de 2011, sobre o proxecto de "Guía de Boas prácticas nos procedementos de contratación das TIC".
- Informe 10/2010 de 2 de febreiro de 2011, de consulta sobre revisión de prezos nun contrato de xestión de servizos públicos.
Recomendacións
Comunicacións
Petición de informes
¿Quén pode solicitar o informe?
A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia (en adiante XCCA) emitirá os seus informes por pedimento escrito das secretarías xerais dos departamentos da Xunta ou das presidencias ou direccións dos organismos, entes ou sociedades públicas, dos xerentes das fundacións do sector público, da Intervención Xeral da Comunidades Autónoma, da Asesoría Xurídica Xeral, das presidencias das entidades locais, dos reitorados das universidades públicas e das presidencias das organizacións empresariais afectadas pola contratación administrativa da Comunidade Autónoma.
¿Sobre qué materias informa a XCCA?
A XCCA é competente para informar sobre cuestións de carácter xeral para analizar a normativa reguladora da contratación das administracións públicas.
A solicitude de informe deberá precisar o obxecto da análise xurídica. A tal efecto, é conveniente que nel se expoñan os elementos de reflexión máis significativos. Deberá acompañar á solicitude a documentación complementaria que se considera adecuada para a comprensión da cuestión exposta.
A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa en ningún caso substituirá nin suplirá as funcións que teñan asignados outros órganos nos seus respectivos ámbitos de competencia. Elo non significa que as consultas formuladas non poidan ter a súa orixe en problemáticas concretas xurdidas en procedementos administrativos de contratación, pero o non ter atribuídas a XCCA funcións para informar o criterio de actuación que debe seguir o órgano de contratación ante un contrato determinado, deberán ser formuladas con caracter xeral.
Tampouco poderanse resolver mediante o informe desta Xunta as controversias xurdidas entre partes.
A Secretaría Xeral da XCCA comprobará a adecuación das solicitudes de informe formuladas segundo o aquí establecido. No caso de solicitudes defectuosas, a Secretaría Xeral advertirá desta circunstancia ao órgano consultante e, en caso de non ser emendadas, evacuará proposta de informe á Comisión Permanente no que se declarará a imposibilidade que este órgano consultivo podase pronunciar sobre a cuestión de fondo exposta.
¿A quén se debe dirixir a solicitude de informe?
A solicitude de informe á XCCA dirixirase o/a Presidente/a á seguinte dirección:
Xunta Consultiva de Contratación Administrativa Consellería de Economía e Facenda Edificio Administrativo San Caetano, 3 15781 Santiago de Compostela
Información relacionada
Enderezo
-
Edificio Administrativo San Caetano, 3 15781 Santiago de Compostela.
Teléfonos: Secretaría Xeral: 981-544947 881-999350 881-999426
Fax: 881999555