Presentación
É o órgano ao que corresponde a análise e o deseño da política global dos ingresos públicos no relativo aos tributos cedidos polo Estado coma aos tributos propios e prezos que estableza a Comunidade Autónoma, así como a súa xestión e inspección.
Aquí poderá atopar toda a información relativa aos tributos da Comunidade Autónoma, xa sexan propios ou cedidos, ordenada por imposto e con acceso á súa normativa, guías explicativas e modelos, así como a información relativa ao pagamento doutros ingresos de dereito público e a revisíón de actos administrativos, recurso de reposición e reclamación económico administrativa ante a Xunta Superior de Facenda.
Todos estes contidos amplíanse na OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA na que poderá realizar dende presentacións telemáticas e valoracións de bens inmobles ata consultar o estado dos expedientes.
Dependencias
-
Subdirección Xeral de Impostos Cedidos
-
Subdirección Xeral de Taxas, Prezos e Demais Tributos Propios
-
Subdirección Xeral de Recadación
-
Servizo de Asesoramento Tributario
-
Servizo de Xestión de Reclamacións Económico-Administrativas
Descrición das competencias
- Analizar e deseñar a política global de ingresos públicos no relativo aos tributos cedidos polo Estado e aos tributos propios e prezos.
- Dirixir, impulsar, planificar, coordinar, controlar e executar a xestión, inspección e revisión dos tributos cedidos, así como da xestión, inspección e revisión dos tributos propios e prezos.
- Impulsar e coordinar a colaboración en materia tributaria con outras administracións.
- Elaborar as normas relativas aos ingresos de dereito público da competencia da Dirección Xeral, e as instrucións e circulares para o seu cumprimento.
- Dirixir a xestión recadatoria.
- Apoiar as actuacións da Xunta Superior de Facenda.
Contacto
Enderezo: Rúa Pastoriza 8, 3º e 4º planta
CP 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 41 89
Fax: 981 54 41 69
Correo electrónico:
direccion@atriga.es
Directorio
-
Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez
Director.
-
María Belén Millán Calenti
Secretaria do director.
Teléfono: 981 54 41 89