Os tributos sobre o xogo son os seguintes:
- Tributos cedidos: Son tributos estatais dos que o seu rendemento está cedido á Comunidade Autónoma de Galicia e dos que a súa xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión dos actos en vía de xestión exerce a Comunidade Autónoma de Galicia por delegación do Estado. Son os dous seguintes:
- Taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.
- Taxa sobre os xogos de sorte, envite ou azar.
- Tributos propios: Son tributos creados polo Parlamento de Galicia. Actualmente está establecido na Comunidade Autónoma de Galicia o seguinte:
- Imposto sobre o bingo.
Constitúe o feito impoñible da taxa a autorización, celebración ou organización de rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.
Nas apostas serán responsables solidarios do pagamento da taxa os donos ou empresarios dos locais onde se celebren.
Quedan exentos do pagamento destas taxas:
O suxeito pasivo deberá presentar declaración dos feitos no prazo dun mes contado desde o momento do devengo, ante o órgano da Administración tributaria que corresponda ao lugar de celebración ou organización da actividade ou do xogo, na forma que se determine regulamentariamente.
Notificada a correspondente liquidación, o suxeito pasivo deberá efectuar o ingreso do seu importe dentro dos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei General Tributaria:
A cota tributaria determínase de acordo coas seguintes bases impoñibles e tipos de gravame:
Con carácter xeral o tipo será dun 8,5% do importe total dos billetes ou boletos vendidos.
O tipo será do 12% do valor dos premios ofrecidos.
A taxa fiscal sobre os xogos de sorte, envite ou azar é un tributo estatal do que o seu rendemento está cedido á Comunidade Autónoma de Galicia e que grava a autorización, organización ou celebración de xogos de sorte, envite ou azar.
En concreto, grava :
- os xogos en casinos
- o xogo do bingo
- os xogos de boletos
- os xogos mediante máquinas ou aparellos automáticos
- o xogo da lotería instantánea electrónica
- os restantes xogos autorizados, organizados ou celebrados
Constitúe o feito impoñible desta taxa a autorización, organización ou celebración de xogos de sorte, envite ou azar.
En concreto, inclúese dentro da taxa:
A taxa devengarase, con carácter xeral, pola autorización e, no seu defecto, pola organización ou celebración dos xogos.
Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades a quen se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización de xogos de azar.
Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren .
A base impoñible da taxa virá constituída polos ingresos brutos que sexan obtidos polos suxeitos pasivos.
A estes efectos, entenderase por ingresos brutos a diferenza entre o importe total dos ingresos obtidos procedentes do xogo e as cantidades satisfeitas ós xogadores polas súas ganancias.
Non se computará nos citados ingresos a cantidade que se abone pola entrada nas salas reservadas para o xogo.
| Porción de base impoñible (comprendida entre euros) | Tipo aplicable (porcentaxe) |
|---|---|
| Entre 0 e 1.677.207 |
22
|
| Entre 1.677.207,01 e 2.775.016 |
38
|
| Entre 2.775.016,01 e 5.534.788 |
49
|
| Máis de 5.534.788 |
60
|
(1) Segundo redacción artigo 4º. Un.1. da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas .
Modelo 044 aprobado pola Orde CEF do 22 de decembro de 2004.
O modelo estará dispoñible para os suxeitos pasivos da taxa na páxina web da Consellería de Facenda a través da oficina virtual e, para o seu uso, aqueles deberán imprimir o modelo, cos seus tres exemplares debidamente cubertos, en papel.
A tarifa impositiva dos casinos é anual, pero aplicarase trimestralmente ós ingresos brutos obtidos desde o comezo do ano ata o último día do trimestre de que se trate.
Cada un dos tramos da base impoñible gravarase ó tipo correspondente da tarifa, calculándose a cota total pola suma dos resultados parciais obtidos, e deducíndose dela o importe do ingresado no trimestre ou trimestres anteriores do ano, constituíndo a diferenza a cifra a ingresar.
No caso de iniciación da actividade despois do comezo do ano, a acumulación empezará con ela e terminará en todo caso ó fin do ano natura .
A declaración-liquidación preséntase trimestralmente, durante os 20 primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro.
Con carácter xeral a taxa devengarase pola autorización e, no seu defecto, pola organización ou celebración do xogo do bingo.
Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades a quen se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización do xogo do bingo.
Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren.
A base impoñible da taxa estará constituída pola suma total do satisfeito polos xogadores pola adquisición dos cartóns sen ningunha dedución.
Quedan exentos do pagamento deste imposto o xogo do bingo que se considere excluído do ámbito de aplicación da lei reguladora do xogo de Galicia.
20%.
Modelo 043 aprobado por Orde CEF do 27 do novembro de 2001.
No xogo do bingo, a taxa se satisface ó adquirir os cartóns necesarios para o desenvolvemento do xogo, nas súas distintas series e valores faciais.
Os citados cartóns serán obrigatoria e exclusivamente expedidos pola entidade pública empresarial Loterías e Apostas do Estado, elaborados para o efecto pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, e terán a consideración de efectos estancados.
A subministración dos cartóns solicitarase polo interesado ante a Delegación Territorial da Consellería de Facenda que teña na súa demarcación situada a sala de bingo, a través do modelo de solicitude-liquidación arriba sinalado e xuntando fotocopia da autorización administrativa, con exhibición do orixinal.
O pagamento da taxa e do importe dos cartóns de xogo realizarase na entidade que presta o servizo de caixa na delegación, co que o peticionario poderá retira-los cartóns solicitados así como a guía xustificante da súa posesión ou destino .
Con carácter xeral a taxa devengarase pola autorización e, no seu defecto, pola organización ou celebración do xogo.
Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades as que se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización de xogos mediante boletos.
Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren.
A base impoñible da taxa estará constituída pola suma total do satisfeito polos xogadores pola adquisición dos boletos sen dedución algunha.
20%
Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización de xogos de azar, a taxa será esixible por anos naturais, devengándose o 1 de xaneiro de cada ano, en canto ós autorizados en anos anteriores.
No ano no que se obteña a autorización, o devengo producirase no momento do seu outorgamento.
Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades ás que se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización de xogos de azar.
Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren.
Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:
A) Máquinas tipo A especial:
Cota anual: 500 euros.
B) Máquinas tipo B ou recreativas con premio:
a) Cota anual: 3.740 euros
b) Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos do tipo “B”, nos que poidan intervir dous ou máis
xogadores de forma simultánea e sempre que o xogo de cada un deles sexa independente do realizado por outros
xogadores, serán de aplicación as seguintes cotas:
- Máquinas ou aparellos de dous xogadores: dúas cotas de acordo co previsto no apartado a).
- Máquinas ou aparellos de tres ou máis xogadores: 7.640 euros mailo resultado de multiplicar por 3.080 o produto do número de xogadores/as polo prezo máximo regulamentario da partida.
c)No caso de homologación dunha máquina de tipo B cun prezo máximo de partida superior ao prezo máximo; regulamentario de 0'20 euros, as cotas tributarias establecidas nas letras a) e b) anteriores incrementaranse en 18’80 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o prezo máximo regulamentario
d) No caso de modificación do prezo máximo regulamentario de 0'20 euros para a partida en máquinas de tipo "B" ou recreativas con premio, a cota tributaria anual correspondente incrementarase en 18’80 euros por cada céntimo de euro da diferenza entre os prezos máximos regulamentarios, ou, de ser o caso, entre o novo prezo máximo regulamentario e o prezo máximo de partida homologado.
C) Máquinas tipo C ou de azar:
Cota anual: 5.460 euros
Quedan exentos do pagamento da taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar, os xogos excluídos do ámbito de aplicación da lei reguladora do xogo de Galicia.
(1) Segundo redacción artigo 4º. Un.2. da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas .
Modelo 045 aprobado por Orde CEF do 14 de febreiro de 2007
MÁQUINAS OU APARELLOS AUTOMÁTICOS AUTORIZADOS EN ANOS ANTERIORES AO DO DEVENGO.
Os suxeitos pasivos deberán presentar en calquera das entidades colaboradoras autorizadas, nos vinte primeiros días naturais do mes de marzo unha declaración por cada máquina, practicando a liquidación pola cota anual legalmente establecida para o exercicio de que se trate.
O prazo anterior entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado. Para estes efectos empregarase o modelo 045.
O citado prazo de presentación e ingreso comprenderá do 1 ó 31 de marzo no suposto que se opte pola presentación e pagamento telemático.
No mesmo prazo de presentación do modelo 045, o suxeito pasivo deberá presentar relación de máquinas, indicando o número de autorización destas, das que é titular a 1 de xaneiro e que se atopan nesa mesma data en situación de baixa temporal, ben aprobada administrativamente, ou solicitada e pendente de aprobación. Esta relación presentarase ante o departamento territorial correspondente da Consellería de Facenda, en relación coa situación da máquina na data do último devengo da taxa fiscal sobre o xogo.
Opción polo fraccionamento da cota anual:
Os suxeitos pasivos poderán optar no momento de formular a autoliquidación, polo fraccionamento do importe a ingresar, en catro pagos fraccionados trimestrais iguais, ingresando o primeiro deles ao tempo de presentar a autoliquidación e aprazando os outros tres, que serán ingresados como segue:
A opción polo fraccionamento e aprazamento sinalados no parágrafo anterior non precisará de aportación e/ou constitución de garantía algunha nin devengará xuros de mora. Serán requisitos para poder exercer a opción anterior:
Non será posible aprazar ou fraccionar os pagamentos fraccionados trimestrais. A presentación da solicitude non impedirá o inicio do período executivo, nin o devengo dos recargos correspondentes e os xuros de mora e considerarase incumprimento das obrigas tributarias para tódolos efectos. O incumprimento do pagamento de calquera pagamento fraccionado terá os efectos sinalados na normativa xeral tributaria.
MÁQUINAS DE NOVA AUTORIZACIÓN OU REINICIO DE EXPLOTACIÓN.
Os suxeitos pasivos presentarán, en calquera das entidades colaboradoras autorizadas, a declaración correspondente no primeiro prazo de ingreso dos pagamentos fraccionados que estivese operativo, e deberán practicar ao mesmo tempo liquidación da cota anual que será :
Para estes efectos empregarase o modelo 045.
Se os prazos de ingreso do ano natural estiveran expirados, deberá presentarse a declaración a que fai referencia este punto, con carácter previo á data da autorización ou alta.
Opción polo fraccionamento da cota anual:
Os suxeitos pasivos poderán optar no momento de formular a autoliquidación, polo fraccionamento do importe a ingresar, en pagos fraccionados trimestrais iguais, ingresando o primeiro deles ao tempo de presentar a autoliquidación e aprazando os outros, que serán ingresados en cada un deles:
A opción polo fraccionamento e aprazamento sinalados no parágrafo anterior non precisará de aportación e/ou constitución de garantía algunha nin devengará xuros de mora. Serán requisitos para poder exercer a opción anterior:
Non será posible aprazar ou fraccionar os pagamentos fraccionados trimestrais. A presentación da solicitude non impedirá o inicio do período executivo, nin o devengo dos recargos correspondentes e os xuros de mora e considerarase incumprimento das obrigas tributarias para tódolos efectos. O incumprimento do pagamento de calquera pagamento fraccionado terá os efectos sinalados na normativa xeral tributaria.
REINICIO DE EXPLOTACIÓN DE TEMPADA
Cando un suxeito pasivo reinicie a explotación da máquina no segundo ou no terceiro trimestre do ano en curso coa intención de explotala como máximo ata a fin do terceiro trimestre, deberá presentar, a declaración correspondente no primeiro prazo de ingreso dos pagamentos fraccionados que estivese operativo, autoliquidando e ingresando:
Para poder acollerse a este réxime, deberán cumprirse os seguintes requisitos:
Opción polo fraccionamento da cota anual:
Os suxeitos pasivos poderán optar polo fraccionamento e aprazamento a que se refire o apartado 2º anterior, cos mesmos requisitos, obrigas e formalidades sinaladas nel, e tendo en conta que o número de pagamentos trimestrais será de dous.
Se o suxeito pasivo, unha vez exercida a opción por este réxime, decidira manter a máquina en explotación máis alá da data comprometida, deberá presentar, na forma, lugar e prazo determinados por orde da consellería competente en materia de facenda, unha declaración complementaria, autoliquidando e ingresando o importe total da diferenza entre a cota anual que procedera e a xa autoliquidada.
TROCO DE MÁQUINAS AUTORIZADAS.
Non suporá novo devengo da taxa e, polo tanto, a empresa operadora non deberá practicar autoliquidación, salvo o establecido nos apartados 5º e 6º seguintes. Nembargante deberá comunicar a circunstancia o departamento territorial da Consellería de Facenda onde se presentase a autoliquidación pola autorización da máquina destruída á que substitúe a nova, para efectos de obtención do correspondente distintivo acreditativo.
MODIFICACIÓN DE NÚMERO DE XOGADORES
Nos casos nos que para unha máquina en explotación, se autorizara un número de xogadores superior, con data de efectos posterior ao peche do prazo de presentación da autoliquidación, o suxeito pasivo deberá presentar, no primeiro prazo de ingreso que estivese operativo unha declaración complementaria autoliquidando e ingresando o importe total da diferenza entre a nova cota anual autoliquidada.
Para calcular a cota anual procederase do xeito indicado no modelo 045.
Os suxeitos pasivos poderán optar polo fraccionamento e aprazamento a que se refire o apartado 2º anterior, cos mesmos requisitos, obrigas e formalidades sinaladas nel.
MODIFICACIÓN DO PREZO DE PARTIDA
Nos casos nos que para unha máquina en explotación, se autorizara un incrmento do prezo da partida, con data de efectos posterior ao peche do prazo de presentación da autoliquidación, o suxeito pasivo deberá presentar, no primeiro prazo de ingreso que estivese operativo unha declaración complementaria autoliquidando e ingresando o importe total da diferenza entre a nova cota anual autoliquidada.
Para calcular a cota anual procederase do xeito indicado no modelo 045.
Os suxeitos pasivos poderán optar polo fraccionamento e aprazamento a que se refire o apartado 2º anterior, cos mesmos requisitos, obrigas e formalidades sinaladas nel.
MODIFICACIÓN DO PREZO MÁXIMO AUTORIZADO PARA A PARTIDA
No caso de modificación do prezo máximo autorizado para a partida en máquinas de tipo B producida con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con autorizacións de data anterior a aquela en que se autorice a suba, deberán autoliquidar a diferenza da cota que corresponda no modelo 045, durante o primeiro período para o ingreso dos pagamentos fraccionados que se abra a partir do día en que entre en vigor a modificación do prezo máximo autorizado, cubrindo os espazos do modelo destinados para o efecto, de acordo coas instrucións deste.
(1) Segundo redacción artigo 8º.. da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas
O ingreso da taxa efectuarase, en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación:
As declaracións-liquidacións dirixiranse, con independencia do lugar onde se realice o ingreso, á Delegación da Consellería de Facenda que corresponda territorialmente ó:
No suposto de traslado dunha máquina a un lugar no territorio doutra delegación entenderase que este se produce na data en que a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local autorice o devandito traslado.
Nos casos de presentación da declaración-liquidación ou autoliquidación, agás os supostos de modificación do prezo máximo autorizado para a partida producida con posterioridade ó devengo da taxa, o Servizo de Xestión Tributaria da Delegación da Consellería de Facenda á que se dirixira a declaración-liquidación ou autoliquidación facilitará o distintivo que acredite tal presentación.
O suxeito pasivo deberá retirar do servizo correspondente o citado distintivo acreditativo dentro dos seguintes prazos:
O distintivo acreditativo deberá adherirse á máquina no prazo dos quince días seguintes a súa retirada e permanecer adherido ata a súa substitución por outro novo.
O pagamento e a presentación das declaracións-liquidacións correspondentes á taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, correspondente tanto a máquinas autorizadas en data anterior ó devengo do tributo como a máquinas en situación de baixa temporal ou novas que pretendan darse de alta ou autorizarse no primeiro trimestre do ano, poderá realizarse por medios telemáticos a través da aplicación que a Consellería de Facenda pon á disposición dos usuarios na súa páxina web. (www.conselleriadefacenda.es).
Para poder efectuar a citada presentación e pagamento telemático os suxeitos pasivos interesados deberán dispor do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e o pagamento dos seus propios impostos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Facenda, así como que previamente se identifiquen ante dita Consellería para a presentación e pagamento telemáticos deste tributo.
Tamén poderán efectuar a citada presentación e pagamento telemático os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais , que subscriban coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste (3). Todos eles, no exercicio das súas funcións e nas actuacións previstas nos convenios correspondentes, respectarán as normas establecidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (4).
O prazo para a realización do pagamento e presentación telemática das autoliquidacións da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, comprenderá desde o día 1 ata o 31 de marzo. Transcorrido o mes de marzo non se poderá emprega-la páxina web para realizar ningunha presentación, debendo dirixirse á delegación competente por razón do territorio.
Procedemento para a presentación e pagamento telemático.
Para realizar o pagamento e a presentación telemática das autoliquidacións correspondentes á taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo se establecen dúas opcións ou posibilidades:
Número de referencia completo (NRC)
O Número de Referencia Completo ou NRC é un código xerado informaticamente pola entidade de depósito mediante un sistema criptográfico que permitirá asocia-la carta de pagamento correspondente ás autoliquidacións presentadas simultaneamente por un mesmo suxeito pasivo ó pagamento dela derivado.
A xeración do NRC pola entidade de depósito implicará:
Dadas as expectativas de dereitos, que se poidan opor fronte a terceiros, a que pode dar lugar a carta de pagamento validada co correspondente NRC, unha vez xerado este non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade de depósito, debendo presenta-lo suxeito pasivo, de se-lo caso, ante a Administración Tributaria, as correspondentes solicitudes de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentadas.
Acreditación da presentación de autoliquidacións presentadas de forma telemática
A presentación da autoliquidación do tributo acreditarase mediante a impresión dos documentos (modelo 045) xerados pola aplicación informática, no que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da autorización da máquina de xogo correspondente, da liquidación e do ingreso do primeiro pagamento fraccionado. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca a autoliquidación presentada telematicamente coa impresa polo contribuínte. Este documento acredita a presentación da autoliquidación así como a súa data.
Distintivo que acredita a presentación da autoliquidación
Os distintivos ós que se refire o apartado 6.8 poderán ser retirados da Delegación de Facenda correspondente polos suxeitos pasivos, unha vez realizado o pagamento e a presentación telemática, e deberá adherirse á máquina no prazo dos quince días seguintes ó da súa retirada e permanecer adherido ata a súa substitución por outro novo.
(3) Modificación introducida pola Orde do 19 de maio de 2005, pola que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemáticos das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre sucesións e doazóns e se modifican as ordes que regulan o pagamento e a presentación telemáticos no imposto sobre transmisións patromoniais e actos xurídicos documentados e na taxa fiscal sobre o xogo (DOG nº 100, do 26 de maio de 2005).
(4) Contido da disposición adicional quinta da orde do 30 de decembro de 2003, engadida pola disposición adicional sexta da orde do 19 de maio de 2005, pola que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemáticos das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre sucesións e doazóns e se modifican as ordes que regulan o pagamento e a presentación telemáticos no imposto sobre transmisións patromoniais e actos xurídicos documentados e na taxa fiscal sobre o xogo (DOG nº 100, do 26 de maio de 2005).
Con carácter xeral a taxa devengarase pola autorización e, no seu defecto, pola organización ou celebración do xogo.
Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades a quen se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización do xogo da lotería instantánea electrónica.
Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren.
A base impoñible da taxa virá constituída polos ingresos brutos que sexan obtidos polos suxeitos pasivos.
Para estes efectos, entenderase por ingresos brutos a diferenza entre o importe total dos ingresos obtidos procedentes do xogo e as cantidades satisfeitas ós xogadores polas súas ganancias.
20%
Os tributos sobre o xogo son os seguintes:
- Tributos cedidos:
Son tributos estatais dos que o seu rendemento está cedido á Comunidade Autónoma de Galicia e dos que a súa xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión dos actos en vía de xestión exerce a Comunidade Autónoma de Galicia por delegación do Estado. Son os dous seguintes:
- Taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.
- Taxa sobre os xogos de sorte, envite ou azar.
- Tributos propios:
Son tributos creados polo Parlamento de Galicia. Actualmente está establecido na Comunidade Autónoma de Galicia o seguinte:
- Imposto sobre o bingo.
Constitúe o feito impoñible a participación no xogo do bingo nos locais autorizados.
A base impoñible está constituída polo importe das cantidades satisfeitas polo suxeito pasivo contribuínte no momento da adquisición dos cartóns.
Constitúe a base liquidable o 70% da base impoñible.
O tipo de gravame queda establecido no 5%.
Prodúcese o devengo no momento da adquisición dos cartóns polo suxeito pasivo contribuínte.
Modelo 001 aprobado por Orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001.
O suxeito pasivo substituto do contribuínte deberá presentar, ó tempo de efectua-la solicitude da subministración de cartóns, declaración-liquidación polo Imposto sobre o xogo do bingo na que figurarán o número, clase e contía dos cartóns solicitados, e procederá ó ingreso do correspondente importe na caixa da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda que corresponda ó lugar onde se atope instalada a sala de xogo.
O Servizo de Xestión Tributaria non procederá á subministración dos cartóns solicitados sen que antes se xustifique o pagamento do imposto mediante a entrega da correspondente carta de pagamento. Na guía que o citado servizo expida como xustificante da posesión e destino dos cartóns farase constar mediante dilixencia que se efectuou o pagamento do imposto.
O suxeito pasivo substituto do contribuínte poderá solicita-la devolución do imposto ingresado cando non sexa posible a realización do xogo do bingo.
En particular, entenderase que tal circunstancia se produce nos seguintes casos:
Naqueles outros supostos distintos dos contemplados nos apartados anteriores, a solicitude de devolución deberá ir acompañada de certificación da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local expresiva das circunstancias que determinaron a non realización do xogo do bingo.
Para a tramitación do oportuno expediente de devolución do imposto rexerá o disposto na normativa reguladora da devolución de ingresos indebidos.