Inicio > Áreas > Política Financeira > Supervisión e inspección de entidades e mediadores de seguros > Documentación estatístico-contable de mediadores
Documentación estatístico-contable dos mediadores de seguros inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos da Comunidade Autónoma de Galicia
De acordo coa Orde do 10 de febreiro de 2009 sobre os libros-rexistro e o deber de información das/os mediadoras/es de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia os corredores de seguros e os axentes de seguros vinculados inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos da Comunidade Autónoma de Galicia deberán remitir á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro a información contida nos anexos I e II da citada orde. Estes anexos foron modificados pola Resolución do 18 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se aproban os modelos de información das/dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude da habilitación de desenvolvemento establecida na disposición derradeira da Orde do 10 de febreiro de 2009.
O artigo 5º da Orde do 10 de febreiro de 2009 establece que a remisión á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da información contida nos seus anexos deberá remitirse como data límite o 31 de xullo do ano seguinte a aquel ao que se refire a información.
Polo tanto a data límite para a remisión de documentación correspondente ao exercicio 2010 polos corredores de seguros e axentes de seguros vinculados remata o vindeiro 31 de xullo de 2011.
O mesmo artigo 5º da Orde do 10 de febreiro de 2009, establece que a remisión á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da información a remitir polos corredores de seguros e axentes de seguros vinculados deberá facerse exclusivamente por medios telemáticos a través do programa de remisión telemática da DEC accesible a través desta páxina web.
Unha vez introducida a información no citado programa e asinada declaración, a información remítese telemáticamente á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
Para poder utilizar esta forma de remisión é imprescindible contar cun certificado electrónico emitido por unha entidade certificadora admitida nas Oficinas Virtuais desta páxina web da Consellería de Facenda.
- Consulte os certificados electrónicos válidos para esta forma de remisión.
- Se o precisa pode consultar cómo obter un certificado electrónico.
- Consulte as instrucións para remitir a documentación por vía telemática.
- Tramite a remisión da documentación por vía telemática.