Inicio > Trámites > Factura e Licitación electrónica > Información da factura electrónica

Información da factura electrónica

Acceso á aplicación da
Factura Electrónica
Acceso ao titorial da
Factura electrónica

Agora Galicia conecta contigo

ALGO MÁIS CA AXILIZAR O COBRAMENTO.

Grazas a este rexistro, a Xunta de Galicia é pioneira en España en garantir o pagamento das facturas en 45 días.

Ademais, o novo sistema permite centralizar de maneira uniforme as facturas de todos os departamentos da Administración autonómica.

Con este novo servizo, preténdense conseguir catro grandes obxectivos:

  • Proporcionarlles un mellor servizo a cidadáns e empresas.
  • Reducir custos.
  • Mellorar a liquidez das empresas.
  • Ofrecer unha xestión moderna, rápida e eficaz.

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA. TODO SON VANTAXES.

Estamos a crear unha Administración máis moderna, próxima e eficiente que axiliza trámites e permite operar a calquera hora, en calquera lugar e dunha maneira cómoda e segura.

O novo sistema de facturación electrónica é mellor para todos:

  • Axilidade: utiliza a factura electrónica e cobrarás en 45 días.
  • Rapidez: podes realizar a xestión dende calquera lugar durante as 24 horas do día.
  • Economía e ecoloxía: eliminación do papel.
  • Comodidade: sen colas nin esperas, sen desprazamentos.
  • Seguridade: cunhas claves persoais totalmente seguras, pódese realizar o seguimento da factura.
  • Información: mediante o módulo de comunicacións saberás en todo momento o curso da túa factura.

Ademais, o sistema ofrece opcións de entrada de factura manual ou automática, calcula tipos, deducións, descontos etc., para facer máis sinxelo o traballo de facturación.

A Xunta comprométese co impulso da sociedade da información, establecendo unha estratexia de modernización da propia Administración, simplificando trámites e reducindo os custos de xestión.

Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda