(1) As referencias á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do titulo II da mesma, entenderanse realizadas á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
| Saltar sumario |
A disposición adicional primeira do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, autoriza á Consellería de Economía e Facenda a ditar as disposicións necesarias para a aplicación de dito decreto.
Pola súa banda, o artigo 13.3 do mencionado decreto establece que a utilización dos efectos timbrados requirira expresa autorización da Consellería de Economía e Facenda.
Dado que os servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación se prestan inmediatamente a súa solicitude, resulta necesario autorizar a utilización de efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia para o pagamento das taxas esixidas por ditos servizos administrativos.
Por todo elo,
DISPOÑO
Con independencia do procedemento de liquidación aplicable a cada taxa, os ingresos que por estes tributos corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia efectuaranse polos suxeitos pasivos a través das entidades financeiras colaboradoras autorizadas, relacionadas no anexo VII, sen prexuízo do disposto nesta orde para o pagamento mediante efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia (2).
(2) Redacción dada polo artigo 1.1 da Orde do 24 de marzo de 1998, pola que se modifica a Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago de taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
(3) Artigo modificado pola Orde do 29 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011).
Sen prexuízo do disposto no último parágrafo deste artigo para aquelas taxas que, conforme ó artigo 6º do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan as normas para a xestión, liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, resulte aplicable o procedemento de autoliquidación, apróbase o modelo de impreso que figura no anexo I da presente orde.
Dito modelo constará dun exemplar para o interesado, outro para a entidade financeira e o resto para a Administración.
O impreso de autoliquidación será facilitado polos servizos administrativos, organismos autónomos ou entes xestores da correspondente taxa, os cales informarán ó solicitante sobre os números que debe consignar nos espazos reservados ós códigos da consellería, delegación e servizo e clave da taxa, conforme ás relacións que figuran como anexo V e VI da presente orde. As entidades financeiras autorizadas para a recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban o convenio de colaboración na xestión da renovación de licencias de caza e pesca, poderán solicitar autorización para o emprego dun xustificante do pago da taxa, que substituirá o modelo de autoliquidación (6).
O modelo de autoliquidación da taxa esixible pola inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma, artigo 18, número 03 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (7), axustarase ó que establece a correspondente orde da convocatoria.
(6) Segundo a redacción que da a este parágrafo terceiro o artigo 1.3 da Orde do 24 de marzo de 1998 citada anteriormente 1.3 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
(7) A referencia entenderase feita ó apartado 03 do anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Con carácter xeral, o suxeito pasivo, unha vez ingresada a débeda tributaria correspondente e con anterioridade á prestación do servizo solicitado, deberá presentarlle ao servizo xestor, o exemplar para a Administración, dentro dos dez días seguintes á terminación de cada un dos prazos de ingreso nos supostos aos que se refire o artigo 2.1.
2. Nos supostos aos que se refire o artigo 2.2, a entidade financeira colaboradora na recadación das taxas e prezos, no momento no que o suxeito pasivo efectúe o ingreso da autoliquidación recollerá, ademais do exemplar a ela destinado, o exemplar para a administración, debendo remitilo ao órgano xestor nos prazos previstos no regulamento xeral de recadación aos que se remite o artigo 7 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Os suxeitos pasivos das taxas contempladas no resto de apartados do artigo 2, deberán presentar, unha vez ingresada a débeda tributaria correspondente, ante o servizo xestor o exemplar para a Administración, nos prazos establecidos para o ingreso da autoliquidación.
4. Ademais, no caso da tarifa 08 contida no Anexo 2 daLlei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, os suxeitos pasivos presentarán ante o servizo xestor da mesma e xunto á autoliquidación o modelo que figura como anexo II da presente orde.
(8) Artigo modificado pola Orde do 29 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011)
Os efectos previstos no artigo 13.3 do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, para o pago de taxas esixibles polos servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, autorizase a utilización de efectos timbrados coa forma, valor e demais características que figuran no anexo III desta orde.
Pola Dirección Xeral de Tributos (9) emitiranse efectos timbrados que procedan para cada unha de ditas taxas.
(9) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
Os habilitados responsables dos fondos públicos nos servizos centrais das distintas consellerías solicitarán da Dirección Xeral de Tributos (10) os selos de cada clase que necesiten para a prestación dos servizos gravados polas distintas taxas, sendo responsables da custodia e recadación. (11)
(10) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
(11) Modificado por Orde de 31 de maio de 1995 (D.O.G. nº 127, de 4 de xulio de 1995).
Os secretarios ou funcionarios que substitúan nos servizos territoriais das distintas consellerías, deberán solicitar dos servizos da Tesoureira da Delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente á capital da provincia os selos de cada clase necesarios para prestar os servizos gravados por ditas taxas sendo responsables da súa custodia e recadación.
Coa periodicidade que se crea oportuno e, se é o caso como mínimo unha vez ó mes, os responsables de recadación, utilizando o modelo que acompaña como anexo IV a esta orde, procederán ó ingreso do importe recadado en calquera das entidades financeiras que en dito modelo se especifican; o mencionado modelo constará de tres exemplares.
Polas distintas unidades prestadoras do servizo, e unha vez realizado este, procederase a inhabilitar os efectos timbrados.
No ámbito das súas competencias autorízase á Dirección Xeral de Tributos, á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro e a Intervención Xeral a ditar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación da presente orde.
Así, mesmo autorízase á Dirección Xeral de Tributos a actualizar os anexos V, VI e VII. (12)
(12) Parágrafo engadido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, de 9 de abril de 1998).
Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela a 30 de xuño de 1992
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda.
(13) Modelo de autoliquidación substituídos a tódolos efectos polo modelo A. Taxas. Autoliquidación en euros, aprobado pola Disposición Adicional Quinta da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo VIII (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2001).
(14) Modelo substituído polo modelo da declaración complementaria da taxa pola inspección e control sanitario oficial de carnes frescas e carnes de coello e caza, aprobado pola Orde da Consellería de Facenda do 29 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011), e afectado polo disposto nas súa disposición transitoria primeira: “O modelo de declaración complementaria que se substitúe por esta orde, seguirá tendo vixencia para o cumprimento das obrigas tributarias referidas ás actuacións gravadas que se realicen ata o 31 de decembro de 2011, debendo ser empregado en consecuencia, xunto coas autoliquidacións que se refiran aos feitos impoñibles acaecidos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2012” e na súa disposición derradeira única:“…No entanto, o modelo que figura no Anexo desta orde deberá empregarse a partir do 1 de abril de 2012 e presentarase conxuntamente coas autoliquidacións que se refiran aos feitos impoñibles realizados dende o 1 de xaneiro de 2012”
(15) Efectos timbrados substituídos a todos os efectos con valor facial en euros, aprobados pola Disposición Adicional Sétima da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001, e que figuran no seu anexo X (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2.001).
(16) Modelo substituído a tódolos efectos polo modelo T Documento de ingreso para efectos timbrados en euros, aprobado pola Disposición Adicional Oitava da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo XI (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2001).
(17) Modificado pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998) e polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003), do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (D.O.G. nº 250, do 30 de decembro de 2005), do 20 de decembro de 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006), do 20 de decembro de 2007 (DOG nº251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008) do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), e do 23 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011).
| 04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza | ||
|---|---|---|
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Escola Galega de Administración Pública | OA |
| 04 | Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia | |
| 05 | Secretaría Xeral de Emigración | |
| 06 | Secretaría Xeral para o Deporte | |
| 08 | Secretaría Xeral de Medios | |
| 09 | Emerxencias | |
| 11 | Diario Oficial de Galicia | |
| 12 | Relacións Exteriores e coa Unión Europea | |
| 16 | Xogo | |
| 17 | Asociacións | |
| 18 | Administración Local | |
| 19 | Academia Galega de Seguridade Pública | OA |
| 20 | Interior e Espectáculos Públicos | |
| 21 | Axencia Galega de Emerxencias | OA |
| 22 | Secretaría Xeral da Igualdade | |
| 23 | Compañía de Radio-Televisión de Galicia | OA |
| 05 Facenda | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Instituto Galego de Estatística | OA |
| 04 | CIXTEC | OA |
| 05 | Consello Galego da Competencia | OA |
| 06 | Política Financeira | |
| 07 | Función Pública | |
| 06 Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Mobilidade | |
| 03 | Instituto Galego da Vivenda e do Solo | OA |
| 04 | Axencia Galega de Infraestructuras | OA |
| 06 | Urbanismo | |
| 13 | Costas | |
| 14 | Empresa pública de obras e servizos hidráulicos de Galicia | OA |
| 15 | Augas de Galicia | OA |
| 16 | Xurado de Expropiación Forzosa | |
| 17 | Protección do Litoral | |
| 18 | Axencia de Protección da Legalidade Urbanística | OA |
| 19 | Protección Ambiental | |
| 20 | Fomento e Control de Calidade Ambiental | |
| 21 | Control e Xestión de Residuos | |
| 22 | Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia | |
| 23 | Centro de Investigacións Forestais | |
| 24 | Meteogalicia | |
| 25 | Inspección e Intervención Ambiental | |
| 26 | Servizo Técnico Xurídico | |
| 07 Educación e Ordenación Universitaria | ||
| 01 | Secretaría | |
| 03 | Ensino Medio | |
| 04 | Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional | OA |
| 05 | Secretaría Xeral de Política Lingüística | |
| 08 Economía e Industria | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Minas | |
| 03 | Administración Industrial | |
| 05 | Instituto Galego de Consumo | OA |
| 06 | Comercio | |
| 07 | Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) | OA |
| 08 | Enerxía | |
| 09 | Investigación, Desenvolvemento e Innovación | |
| 11 | Servizo Galego de Propiedade Industrial (SEGAPI) | |
| 12 | Instituto Galego de Promoción Económica | OA |
| 09 Medio Rural | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Supervisión de Proxectos | |
| 03 | Contratación | |
| 04 | Infraestructuras Agrarias | |
| 05 | Formación Agraria | |
| 06 | Centro de Investigacións Agrarias | |
| 07 | Axudas Estructurais | |
| 08 | Industria e Comercialización Agroalimentaria | |
| 09 | Sanidade e Producción Animal | |
| 10 | Montes e Industrias Forestais | |
| 11 | Conservación da Natureza | |
| 12 | Defensa Contra Incendios | |
| 13 | Fomento Cooperativo | |
| 14 | Fondo Galego de Garantía Agraria - FOGGA | OA |
| 15 | Sanidade Vexetal | |
| 16 | Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) | OA |
| 17 | Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) | OA |
| 10 Cultura e Turismo | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Axencia Galega das Industrias Culturais | OA |
| 03 | Arquivos e Museos | |
| 05 | Secretaría Xeral para o Turismo | |
| 06 | Patrimonio Cultural | |
| 08 | Rexistro da Propiedade Intelectual | |
| 11 Sanidade | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Planificación e Ordenación | |
| 03 | SERGAS - Secretaría | OA |
| 06 | SERGAS - Farmacia | OA |
| 08 | Saúde Pública | |
| 11 | Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia - 061 | OA |
| 12 | Fundación Pública Centro Transfusión de Galicia | OA |
| 13 | Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía | OA |
| 16 | Inspección sanitaria | |
| 17 | Protección á saúde | |
| 18 | Promoción da saúde | |
| 19 | Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica | OA |
| 12 Mar | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Acuicultura (S.C.) | |
| 03 | Marisqueo (S.C.) | |
| 04 | Pesca (S.C.) | |
| 05 | Desenvolvemento Pesqueiro | |
| 06 | Recursos Mariños | |
| 07 | Competitividade e Innovación Tecnolóxica | |
| 08 | Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) | OA |
| 10 | Grupo de Portos | OA |
| 14 Traballo e Benestar | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Garderías | |
| 03 | Xuventude | |
| 04 | Tempo Libre | |
| 06 | Menores | |
| 07 | Dependencia e Autonomía Persoal | |
| 11 | Relacións Laborais | |
| 12 | Consello Galego de Relacións Laborais | OA |
| 13 | Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral | OA |
| 23 Consello da Cultura Galega | ||
| 01 | Consello da Cultura Galega | |
| 24 Consello Consultivo | ||
| 01 | Secretaría | |
| Código | Descrición |
|---|---|
| 10 | A Coruña |
| 11 | Ferrol |
| 12 | Ribeira |
| 13 | Servizos Centrais |
| 14 | Ordes |
| 20 | Lugo |
| 21 | Celeiro |
| 22 | Vilalba |
| 30 | Ourense |
| 31 | O Barco de Valdeorras |
| 40 | Pontevedra |
| 41 | Vigo |
| 42 | Vilagarcía de Arousa |
| 43 | Lalín |
| 80 | Casa de Galicia en Madrid |
(18) Anexo modificado polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (D.O.G. nº 251, do 29 de decembro de 2003), do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (D.O.G. nº 250, do 30 de decembro de 2005), do 20 de decembro de 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006), do 20 de decembro de 2007 (DOG Nº251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008, do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), e do 23 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011).
(19) Anexo introducido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998) e modificado por las Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2.003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004) , do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005) , do 20 de decembro de 2006 (DOG.nº 249, do 29 de decembro de 2006), do 20 de decembro de 2007 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007) , do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008), do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), e do 22 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011).