Inicio > Áreas > Planificación e Fondos > Publicidade e información comunitaria > Exemplos de Logotipos Comunitarios 2007-2013
A intervención dos Fondos Estruturais en Galicia materializarase no período 2007-2013 en multitude de infraestruturas, equipamentos, actuacións en medio, innovación, emprego e formación, así como na concesión de axudas e servizos que mellorarán a calidade de vida de miles de cidadáns galegos e impulsarán a converxencia económica coa media de España e da Unión Europea. Por iso, é importante dar a coñecer as actuacións cofinanciadas polos Fondos Estruturais en Galicia, para visualizar e comprender mellor o papel da Unión Europea nas rexións que a integran.
As características gráficas do emblema da UE poden descargarse en:
Tamén se poden descargar imaxes da bandeira europea para reproducir (en formato EPS e JPG) en:
Todas as medidas de información e publicidade establecidas polas autoridades de xestión ou os beneficiarios e destinadas aos beneficiarios, aos beneficiarios potenciais e ao público en xeral deben incluír os elementos seguintes:
A utilización dos logos comunitarios e o seu uso conxunto cos emblemas da Xunta de Galicia e doutras entidades participantes nalgún proxecto concreto establécese na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estruturais 2007-2013 en Galicia.
Neste apartado pódense consultar e descargar algúns exemplos de logos comunitarios elaborados pola DX de Planificación e Fondos que se poden utilizar na visualización da participación da Unión Europea en Galicia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|