Inicio > Tributos > Presentación > Tributos > Imposto sobre a renda das persoas físicas > Resumo de Medidas Normativas da CCAA e beneficios fiscais

Resumo de Medidas Normativas da CCAA e beneficios fiscais

Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da comunidade autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.

Artigo 4. Escala autonómica ou complementaria do Imposto sobre a renda das persoas físicas.

Os tipos da escala autonómica, de aplicación á Comunidade Autónoma de Galicia, do imposto sobre a renda das persoas físicas serán os seguintes:

Base liquidable
Ata euros

Cota íntegra
Euros

Resto base liquidable
Ata euros

Tipo aplicable
Porcentaxe

0

0

17.707,20

12

17.707,20

2.124,86

15.300,00

14

33.007,20

4.266,86

20.400,00

18,5

53.407,20

8.040,86

En adiante

21,5

Artigo 5. Deducións na cota íntegra autonómica do Imposto sobre a renda das persoas físicas.

Uno.
Normas xerais

A práctica das deducións na cota íntegra autonómica do Imposto sobre a renda das persoas físicas quedará en todo caso condicionada á xustificación documental adecuada e suficiente do suposto de feito e aos requisitos que determinen a súa aplicabilidade.

Dos.
Dedución por nacemento ou adopción de fillos

300 €, por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data de devengo do imposto.

360 €, por cada fillo no  caso de parto múltiple.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devengo do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:

  • 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar a efectos do IRPF fose menor ou igual a 22.000 euros.
  • 300 €, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar a efectos do IRPF estivese comprendida entre 22.001 e 31.000 euros

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

Tres.
Dedución por familia numerosa

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devengo do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:

  • 250 €, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.
  • 400 €, cando se trate de familias numerosas de categoría especial

A  dedución será 500 e 800 € respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%.

Esta dedución practicaraa o contribuínte co que convivan os restantes membros da familia numerosa

Cando convivan con más dun, o importe será rateado por partes iguais

Cuatro.
Dedución por acollemento

300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia,  sempre que:

  • sempre que convivan co menor máis de 183 días durante o período impositivo e non teñan relación de parentesco. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo fose inferior a 183 días e superior a 90 días, o importe da dedución por cada menor acollido será de 150 euros
  • Non teñan  relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito ás que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, de 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, se optasen pola declaración individual.

Cinco.
Dedución por coidado de fillos menores

Poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30% das cantidades satisfeitas no período por deixar aos seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3, co límite máximo de 200 €,  sempre que:

  • Que na data de devengo do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.
  • Que ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  • Que, no caso de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
  • Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar a efectos do IRPF non exceda de 22.000 euros en tributación individual ou de 31.000 euros en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles

Seis.
Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas

10% das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

  • Os contribuíntes de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos afectados por un grao de minusvalía igual ou superior ao 65% e que precisen axudas de terceiras persoas
  • A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar a efectos do IRPF non exceda de 22.000 euros en tributación individual ou de 31.000 euros en tributación conxunta.
  • Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Siete.
Dedución por aluguer de vivenda habitual

10%  das cantidades que satisfixese durante o período impositivo cun límite de 300 € por contrato de arrendamento, a condición de que concorran os seguintes requisitos:

  • Que a súa idade, na data do devengo do imposto, sexa igual ou inferior a 35  anos. No caso de tributación conxunta o requisito da idade haberá de cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, no seu caso, o pai ou a nai.
  • b) Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior a 1 de xaneiro de 2003.
  • c) Que constituíse o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo.
  • Que a base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.

Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total da mesma, sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

Oito.
Dedución por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos.

30% das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais cando accedan a internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade, cun límite máximo de 100 euros e segundo os seguintes requisitos:

  • Só poderá aplicarse no exercicio en que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  • A liña de alta velocidade contratada estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior realizouse noutro exercicio.
  • Non resultará aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
  • O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión ou ben a varios que se manteñan simultaneamente.

Nove
Dedución por fomento do autoemprego

300 €, no período impositivo en que se produza a alta, cos seguintes requisitos:

  • Os contribuíntes que causen alta por primeira vez durante o período impositivo no censo de empresarios profesionais e retedores como consecuencia do establecido no artigo 3º.2.a) do Real decreto 1065/2007, de 27 de xullo
  • Que manteñan a situación de alta durante un ano natural.
  • Que desenvolvan a súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia..

Diez.
Dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación

o 20% das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou limitadas laborais, cun límite de 4.000 €, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40% nin inferior ao 1% do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante o tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • A  entidade debe cumprir os seguintes requisitos:
  • Ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  •  Desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4º.8.Dous.a) da Lei 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
  • Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe  contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
    • con contrato laboral e a xornada completa y
    • dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
    • con residencia habitual en Galicia.
  • Si o investimento se realizase mediante unha ampliación de capital:
    • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
    • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades no que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos en dúas persoas, respecto  do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores, e
    • o incremento se manteña durante un período adicional doutros 24 meses

Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.

  • O contribuínte:
  • Pode formar parte do consello de administración da sociedade na que materializou o investimento,
  • En ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de 10 anos
  • Non pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante un prazo de 10 anos.
  • As operacións nas que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na que se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

O incumprimento dos requisitos e das condicións establecidas leva a perda do beneficio fiscal, e o contribuínte debe incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio no que se produciu o incumprimento a parte do imposto que se deixou de pagar como consecuencia da dedución practicada xunto cos xuros de mora devengados.

Once.
Dedución por investimento en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo Bursátil

20% das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo Bursátil, aprobado por acordo do Consello de Ministros de 30 de decembro de 2005., cun límite de 4.000€

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

a)  A  participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10% do seu capital social nin inferior ao 1%.

b) As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de dous anos, como mínimo

c) A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia
Non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio  mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4º.8.Dous.a) da Lei, do Estado, 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.

Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), contado desde a data de adquisición da participación

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal, e o contribuínte debe incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio no que se produciu o incumprimento a parte do imposto que se deixou de pagar como consecuencia da aplicación da dedución practicada, xunto cos xuros de mora devengados.

A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coa dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación

Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda