Inicio > Tributos > Presentación > Tributos > Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados > Valoración on-line de bens inmobles
A Consellería de Facenda pon á súa disposición os seguintes medios para que poida exercer o seu dereito a ser informado dos valores dos bens inmobles que vaian ser obxecto de adquisición ou transmisión, conforme ao artigo 34, letra n), da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, cos efectos vinculante previstos no artigo 90 do mesmo corpo legal e no apartado un do artigo 26 do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.
Sistema para determinar o valor de determinados bens inmobles para a presentación dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Para obter información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles, establécense dous sistemas:
As valoracións previas solicitadas por calquera destes sistemas terán efectos vinculantes durante un prazo de tres meses, contados dende a notificación ao interesado, sempre que a solicitude se formulase con carácter previo á finalización do prazo para presentar a correspondente autoliquidación ou declaración e se proporcionasen datos verdadeiros e suficientes á Administración tributaria. Para estes efectos presentarase acompañando á autoliquidación, o informe emitido polos servizos de valoracións (sistema presencial), ou o documento xerado pola Oficina Virtual (sistema Web) dentro do período de presentación do imposto para o cal se solicitou a valoración previa.