Volver ao contido

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
    • Servizo de Réxime Xurídico e Recursos
    • Servizo de Relacións Laborais

Descrición das competencias

  • A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación do Persoal, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
  • A elaboración das propostas de resolución dos recursos e reclamacións previas á vía xurisdicional que se presenten en materia de persoal, dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.
  • A realización dos estudos e a emisión de informes en materia de persoal.
  • A preparación e desenvolvemento dos traballos relativos ás relacións laborais e sindicais do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.
  • A coordinación do Rexistro dos órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus organismos, axencias e entidades dependentes, e do rexistro dos contratos de alta dirección.
  • A tramitación dos proxectos de orde de iniciación e resolución dos procedementos de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo das entidades instrumentais do sector público autonómico, incoados segundo o disposto no artigo 8 do Decreto 129/2012, do 31 de maio.
  • A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral.
  • A coordinación das eleccións sindicais do persoal funcionario e laboral.
  • A elaboración dos informes en materia de persoal conxuntos coa Dirección Xeral competente en materia de orzamentos.
  • A realización, no seu ámbito de competencias, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.

Víctor  Gallego Vícent
Subdirector Xeral

981 54 52 30