Skip to Content

Dirección Xeral da Función Pública

modelo-presentacion

A Dirección Xeral da Función Pública é o órgano ao cal lle corresponde, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, a execución da política de persoal da administración da Xunta de Galicia nos termos previstos na Lei da función pública e demais normativa que a desenvolva, a xestión das competencias atribuídas á Consellería de Facenda e Administración Pública nesta materia e a resolución daquelas que lle delegue a conselleira ou conselleiro. Para tal fin, coordinará a actuación dos órganos competentes en materia de persoal das distintas consellerías e organismos autónomos dependentes delas, ditando as instrucións oportunas.

modelo-grafica-estructura

  • Dirección Xeral da Función Pública
    • Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relación Laborais
      • Servizo de Réxime Xurídico e Recursos
      • Servizo de Relacións Laborais
    • Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
      • Servizo de Xestión de Persoal
      • Servizo de Programación e Ordenación do Persoal
    • Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
      • Servizo de Concursos
      • Servizo de Selección
      • Servizo de Listas de Contratación Temporal
    • Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas
    • Servizo de Actualización de Datos do Persoal
    • Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional

modelo-descricion-competencias

  • A realización dos estudos e traballos que en materia de persoal lle sexan encomendados ou coide conveniente efectuar.
  • A elaboración dos anteproxectos de disposicións en materia de función pública.
  • A proposta á persoa titular da Consellería da convocatoria e resolución dos concursos de traslados para a provisión de postos de traballo dos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A fixación dos criterios a que se deberán someter todas as convocatorias públicas de libre designación e de persoal directivo.
  • A elaboración das ofertas de emprego público.
  • A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral.
  • A coordinación das eleccións sindicais do persoal funcionario e laboral.
  • A coordinación na elaboración das estatísticas do número de efectivos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A elaboración dos informes en materia de persoal conxuntos coa dirección xeral competente en materia de orzamentos.
  • A proposta á conselleira ou conselleiro da convocatoria de probas selectivas para o ingreso nos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A proposta de resolución dos expedientes de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A tramitación dos expedientes de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica sometidos á Lei 9/1996, do 18 de outubro, así como a custodia e a xestión dos rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos.
  • A coordinación das relacións laborais e sindicais con respecto ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma.
  • As convocatorias para a elaboración de listas para a cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral, en aplicación da norma que as regule.
  • A proposta, se é o caso, ao órgano competente da incoación de expedientes disciplinarios cando se detecten indicios racionais de responsabilidade administrativa na actuación do persoal, e elevar ao Consello da Xunta as propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A emisión dos informes preceptivos e previos que sobre os proxectos de disposicións que afecten a materia de réxime de persoal ou estrutura orgánica estableza a normativa vixente.
  • A elaboración dos estudos e propostas sobre as relacións de postos de traballo, así como a elevación ao Consello da Xunta das propostas ou modificacións das relacións de postos de traballo para a súa aprobación.
  • A coordinación coa Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa para levar a cabo, de ser o caso, a reasignación de efectivos, unha vez que realice os estudos organizativos necesarios a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, para valorar as cargas de traballo das distintas unidades administrativas da Xunta de Galicia.
  • A xestión do Rexistro de Persoal da Xunta de Galicia.
  • A xestión do Rexistro de persoal directivo e dos contratos de alta dirección.
  • A coordinación e/ou xestión do Rexistro de órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia e dos seus organismos, axencias e entidades dependentes.

Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 52 24

981 54 52 25

modelo-correo-electronico
Correo da Dirección Xeral da Función Pública

José María  Barreiro Díaz
Director xeral

María  Porto Pardiñas
Secretario/a do director xeral

981 54 52 27

981 54 52 25