Dende este Portal terá acceso a todos os medios electrónicos, informáticos e telemáticos que a Xunta de Galicia desenvolveu en materia de contratación pública. Entre outros servizos, a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, poderá acceder a unha ampla información das licitacións da administración e sector público autonómicos e das entidades locais dadas de alta no sistema. Ademais poderá acceder aos sistemas de facturación electrónica e licitación electrónica implementados para facilitar a presentación de facturas e ofertas por vía telemática.

Contratos
PCG

Plataforma de Contratos Públicos de Galicia (PCG)

Acceso á PCG con información dos procedementos de licitación da Xunta de Galicia e sector público autonómico e das universidades públicas e entidades locais dadas de alta no sistema:

  • Buscador de anuncios
  • Adxudicacións
  • Pregos
  • Demais documentación de interese e forma de contacto cos órganos de contratación.

Sistema de presentación telemática de avais na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.