Volver ao contido

Doazóns

CONSULTA V0005-16: Artigo 8. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da redución pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e de participacións en entidades, en concreto dos requisitos de exercicio de funcións directivas e de mantemento do ben adquirido.

Os consultantes teñen a intención de doar aos seus fillos as súas participacións na empresa familiar e desexan saber:

  1. Se o poder notarial dunha das fillas e a modificación do contrato comunicada á oficina de emprego para exercer funcións de dirección é xustificante suficiente para demostrar que é a persoa que exerce a dirección da empresa, para os efectos de acollerse á redución do 99% na doazón das participacións en entidades.
  2. Se para acreditar a maior fonte de ingresos habería que fixarse no último IRPF presentado.
  3. Se os adquirentes das participacións poden acollerse á redución do 99% pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e de participacións en entidades ao cumprir todos os requisitos esixidos.
  4. Que debe entenderse por manter durante cinco anos o valor do doado.

Documentos asociados